O equipo SEO SIMPLIFICA certificou o triunfo autonómico cun segundo posto na proba celebrada en Arteixo
Parabéns ao Club Seo polo seu recente éxito que o levou a proclamarse campión galego de Raids de Aventura 2009 na categoría Elite. Un triunfo que o equipo ordense do SEO SIMPLIFICA (composto por Juan, Clara e José Angel) ratificou cun segundo posto na última proba da liga galega, celebrada o pasado 19 de setembro no concello coruñés de Arteixo.
O Club SEO pecha así unha tempada na que acadou varios éxitos a nivel nacional coma un meritorio quinto posto no Raid “Tierras de Talavera” ou un segundo posto no Raid “Picos de Europa”. Así mesmo, e en colaboración co Concello, o Club SEO organizou o pasado mes de maio a segunda edición do Raid Odiseo-Concello de Ordes, que tivo un gran éxito de participación e de público.

*