O Consello Escolar asegura que estes profesionais son imprescindibles para atender a un rapaz de 3 anos con necesidades educativas especiais, tal e como consta no Dictame de Escolarización da Xunta
O Concello de Ordes apoia as demandas dun coidador e dun profesor de apoio presentadas polo Consello Escolar do CEIP Campomaior (Ordes) diante da Xefa Territorial da Consellería de Educación e da Inspección Educativa. Así se acordou nunha xuntanza que tivo lugar esta tarde nas instalacións do CEIP e á que asistiron a concelleira de Educación, Silvia Marín; a directora do centro, Mercedes Barros; e representantes do Consello Escolar e da ANPA do Campomaior.
O CEIP Campomaior acaba de escolarizar a un neno de tres anos con necesidades educativas especiais, tal e como consta no Dictame de Escolarización feito polo Equipo de Orientación Específica da Xunta. Iso significa que necesita dunha coidadora a tempo completo e dun profesor de apoio. Sen embargo, e a pesar das reiteradas peticións do Consello Escolar, a Consellería de Educación non ofreceu ningunha solución.

"É imprescindible contar con este dous profesionais"
O Consello Escolar considera que é imprescindible contar con estes dous profesionais, especialmente no caso da coidadora, pois o rapaz precisa da atención dunha persoa a tempo completo pois é incapaz de andar e mesmo de estar sentado todo o tempo. Por iso, veñen de presentar diante da Xefa Territorial da Consellería de Educación e da Inspección Educativa sendas peticións para que se cumpra o dictaminado polo Equipo de Orientación Específica e estes dous profesionais se incorporen canto antes ao centro.

Na actualidade, no CEIP Campomaior estudan outros dous alumnos con necesidades educativas especiais que, polas características propias das súas situacións, comparten a unha coidadora. Sen embargo, dende a dirección do CEIP aseguran que esta profesional non pode asumir, de ningunha maneira, o coidado do novo alumno, pois polas súas características precisa dunha coidadora a tempo completo.
As frases de Silvia Marín, concelleira de Educación de Ordes
“Dende o Concello de Ordes dámoslle todo o apoio ás demandas do Consello Escolar, pois a figura do coidador é prioritaria para dar unha educación de calidade e para que os mestres se adiquen a ensinar e non a ser meros coidadores”
*