miércoles, 9 de septiembre de 2009

O Curso de Verán centra a súa segunda xornada nas auditorías e certificacións ambientais


'A xestión ambiental nos concellos galegos' inaugurose coa presencia do vicerrector da Comunidade Universitaria, José M. Mayán, quen destacou a "excelente colaboración" do Concello de Ordes coa Universidade de Santiago de Compostela

As ferramentas de xestión ambiental que teñen ao seu alcalce os concellos galegos tales como sistemas de xestión ambiental, auditorías, certificacións ambientais ou instrumentos financeiros para a protección da contorna centraron a segunda xornada do curso de verán “A xestión ambiental nos concellos galegos”, que se desenvolve en Ordes ata este venres.

O alumnado, procedente das catro provincias galegas e con especial incidencia na provincia da Coruña, ten un perfil claramante técnico no que se contan desde titulados e estudiantes universitarios nos últimos cursos ata persoal e representantes de varios concellos que queren coñecer de primeira man a situación actual e o camiño a seguir a prol da sostenibilidade.

Excelente colaboración entre o Concello de Ordes e a USC
O viceirrector da Comunidade Universitaria e Compromiso Social da USC, José M. Mayán Santos, encargado onte de inaugurar este curso, destacou o grande esforzo do Concello de Ordes na posta en marcha deste curso e agradeceu ao concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, a excelente colaboración establecida entre ambas entidades. Pedreira, pola súa banda, púxose a disposición destes alumnos e agradeceu a confianza depositada pola USC para que Ordes sexa por vez primeira sede dun curso.

Nesta segunda xornada os participantes puideron coñecer de primeira man as certificacións verdes existentes da man do director de AENOR en Galicia, Martín Pita. A Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) é a entidade certificadora máis importante autorizada para xestionar auditorías da norma ISO, EMAS e o etiquetado europeo.

A alcaldesa de Guitiriz e presidenta da Rede Galega de Concellos pola Sostenibilidade, Regina Polín, e o asesor técnico da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, Juan José Lirón completaron a parte dedicada á xestión ambiental mentres que o director do curso, Francisco Peña, foi o encargado de abrir, xa pola tarde, un terceiro bloque dedicado á análise da calidade do aire, o modelo enerxético sostible e loita contra o cambio climático, que centrará a xornada de mañá.
*