Coordinará e integrará os protocolos establecidos para os sistemas sanitario, educativo, de limpeza municipal e administrativo
Pedreira, edil de Sanidade: "xa temos planificado e coordinado todas as actuacións diante do improbable caso de que houbese algunha incidencia coa gripe A no municipio"
O Concello de Ordes conta cun protocolo integral de actuación contra a Gripe A, que aúna e coordina as liñas establecidas pola Xunta no tocante ao ámbito sanitario, educativo e de funcionamento do propio Concello. Así se estableceu esta mañán despois dunha reunión entre os distintos sectores afectados e que estivo presidida polo alcalde de Ordes, Manuel Regos; e os concelleiros de Sanidade, Xesús Pedreira; e Educación, Silvia Marín.
Unha reunión á que asistiron as directoras dos distintos colexios e institutos de Ordes (IES nº 1 e Maruxa Mallo), o xefe de servizo do centro de saúde de Ordes, os responsables da Policía Local e de Protección Civil, así como representantes dos traballadores do Concello de Ordes e da empresa que se encarga da limpeza no municipio. Todos eles puxeron en común os protocolos de actuación marcadas pola Xunta nos seus respectivos ámbitos e establecimos liñas de cooperación entre os centros educativos, o centro médico e o concello, que centralizará a actuación no caso de que se producise algún tipo de continxencia.
Durante a reunión, celebrada na casa consistorial ordense, as directoras dos centros educativos ordenses e o responsable do centro médico intercambiaron información sobre os distintos protocolos de actuación que teñen cada un deles. Así mesmo, debatiron como deberían actuar ante un hipotético caso de Gripe A entre a comunidade educativa ordense.
Campaña informativa e prevención
Paralelamente, dende principios de setembro a concellería de Sanidade de Ordes desenvolve unha campaña de información e prevención da Gripe A entre a poboación da vila. Unha campaña que está centrada na distribución de folletos nos que se recolle información sobre o virus A (H1N1), os principais grupos de risco e síntomas así como uns sinxelos consellos a seguir para previr o contaxio.

Estes folletos foron distribuidos en lugares onde a xente tiña un maior acceso a eles, como o Centro Médico de Ordes, a Casa do Concello, as farmacias da vila e tamén nalgúns bares que se sumaron á iniciativa. Estes folletos seguen as recomendacións e pautas marcadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación da Consellería de Sanidade, pero adaptandoo no seu contido á realidade e recursos municipais.
Unha correcta hixiene tanto das nosas mans como daquelas superficies onde pode depositarse o virus así como tapar boca e nariz ao tusir ou esbirrar son as principais recomendacións que se recollen no folleto informativo. No caso de ter contraía a enfermidade recomendáse porse en contacto cos servizos sanitarios e permanecer en casa alomenos sete días.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade
"O máis importante nestes momentos é manter a serenidade, pero dende o Concello xa temos planificado e coordinado todas as actuacións diante do improbable caso de que houbese algunha incidencia coa gripe A no municipio, porque así estariamos preparados e coordinados para actuar”
"Confiamos en que esta campaña informativa resulte unha medida eficaz e preventiva que nos permita minimizar no posible os efectos adversos os efectos económicos e sociais da enfermidade”
“O noso obxectivo é garantir a disponibilidade de recursos para o normal funcionamento do municipio, ao tempo que pretendemos manter informada á poboación para reforzar a súa protección”
*