O presidente da Deputación da Coruña e o alcalde de Ordes inauguraron hoxe a renovada Alameda
Regos: “Cando todo esté listo, contaremos nos baixos da alameda cun museo, unha sala de exposicións, oficinas municipais e dúas salas para ensaio dos grupos de Ordes”
O alcalde, Manuel Regos, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, inauguraron esta mañá a segunda fase das obras de ampliación e remodelación da Alameda. Ambos os dous asinaron ademais un convenio para o financiamento da seguinte fase dos traballos, que suporá un novo investimento provincial de 200.000 euros. Con esta achega económica, a Deputación da Coruña destinará un total de 400.000 euros para financiar este proxecto.
Manuel Regos aproveitou a sinatura deste convenio de colaboración para anunciar que o Concello de Ordes cederá provisionalmente dúas salas nos baixos que se están a acondicionar na Alameda ordense para a creación dun local de ensaio para os grupos de música do municipio.
Deste xeito, o alcalde ordense cumpre a súa promesa de que o Concello de Ordes cedería un local para a construción dun local de ensaio que poida ser utilizado pola prolífica canteira musical do municipio. Un local situado, ademais, no centro da vila, tal e como comprometera Regos Boquete en abril de 2008. Na actualidade, as obras de acondicionamento interior dos baixos da alameda están en fase de execución, ao abeiro dos fondos acadados no Plan E.
Ampliación da Alameda en máis de mil metros cadrados
As obras realizadas ata o de agora na alameda ordense supuxeron a ampliación nuns 1.280 metros cadrados da superficie do parque que ocupa o centro da vila, convertindo a zona nunha gran área de lecer para o disfrute dos veciños. Ademáis derrrubáronse os antigos almacéns existentes na zona para instalar un novo forxado prefabricado, acometeuse o empedrado do paseo (cun pavimento idéntico ao preexistente na praza) e instalouse diverso mobiliario urbán na zona. Posteriormente procederase á construción dun acceso peonil, libre de barreiras arquitectónicas, para as dependencias municipais que se ubicarán na parte inferior da alameda.
Regos Boquete destacou especialmente o traballo levado a cabo polo concelleiro de Urbanismo e Obras de Ordes, Roberto González, “que foi o auténtico alma máter deste proxecto”, polo que o Concello de Ordes recoñeceu o seu esforzo incluíndo o seu nome na placa conmemorativa da inauguración da alameda ordense.
Manuel Regos valorou moi positivamente a colaboración económica da Deputación da Coruña para a realización desta importante obra na Alameda e destacou tamén outros investimentos realizados pola institución provincial no municipio, como o compromiso existente para a mellora da travesía da rúa do Recreo (cun orzamento de 429.406,42 €), as obras da senda peonil de Poulo (cun orzamento de 302.636,10 €) ou a mellora da rúa Rosalía de Castro. “A Deputación da Coruña estase portando moi ben con Ordes”, apuntou.
Pola súa banda, Salvador Fernández Moreda manifestou que a achega económica de 400.000 euros da Deputación para remodelar este espazo do centro de Ordes é unha expresión máis da colaboración da Deputación con Ordes, dentro da política de colaboración cos municipios que desenvolve o organismo provincial. “A Deputación está para axudar aos concellos, para garantir que todos os cidadáns da provincia podan disfrutar do mesmo nivel de servizos”, afirmou.
Fernández Moreda referiuse tamén ao compromiso da institución provincial cos concellos nestes momentos de crise económica e anunciou que os plans anticrise implementados este ano pola Deputación da Coruña, terán continuidade en 2010 con plans análogos e dixo que a Deputación axudará aos concellos para afrontar o gasto corrente.
Neste sentido, avanzou que no Plan de Obras e Servizos (POS) de 2010 os concellos deberán destinar o 50% do orzamento que lles corresponda a investimentos e terán a posibilidade de destinar o outro 50% para o mantemento dos servizos muncipais e para sufragar o gasto corrente dos mesmos. Ademáis, Fernández Moreda anunciou que no vindeiro mes de outubro a institución que preside aprobará investimentos para optimizar o consumo enerxético dos concellos da provincia.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Cando todo esté listo, contaremos nos baixos da alameda cun museo, unha sala de exposicións, oficinas municipais e dúas salas para ensaio dos grupos de Ordes”
“É unha necesidade para os veciños e veciñas de Ordes e este equipo de Goberno vai ceder estas salas para o local de ensaio mentras non se faga a nova casa da xuventude”
*