miércoles, 16 de septiembre de 2009

Últimas prazas para convertirte nun Jimi Hendrix

.
O prazo de inscripción na Escola Municipal de Música remata este venres 18 de setembro

O curso comezará o vindeiro venres 2 de outubro

Aínda podes apuntarte na planta baixa do Concello

Este venres 18 de setembro remata o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música de Ordes para o curso 2009-2010. Un centro que imparte clases de solfeo e de instrumentos, entre os que figuran a guitarra, a trompeta, o clarinete, o saxofón, o oboe, a frauta, a batería-percusión, o trombón, a tuba e o bombardino. O novo curso académico da Escola Municipal de Música de Ordes dará comezo o venres 2 de outubro.
Cumprimentar unha solicitude de ingreso
Para anotarse, será preciso cumprimentar unha solicitude de ingreso no Departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade e presentar dúas fotos tamaño carné, fotocopias do DNI e Libro de Familia, e un certificado de empadroamento, así como documentación adicional no caso de minusvalías ou enfermidades. Unha documentación que deberá presentarse no Departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade, ubicado na planta baixa da casa consistorial ordense, en horario de 9:00 a 14:00 horas.


*