A maioría das consultas teñen que ver cos permisos de residencia e a obtención de emprego
A Oficina de Información a Migrantes de Ordes atendeu a un total de 152 usuarios durante o primeiro semestre de 2009, un 2% máis cos contabilizados durante todo o ano 2005. Este servizo, posto en marcha pola concellería de Servizos Sociais de Ordes e a ONG Ecos do Sur a finais de abril de 2008, é utilizado especialmente por mulleres, nun 68%, de orixe colombiana (26,3%) ou brasileira (18,4%).
Na Oficina de Información a Migrantes préstase asesoramento xurídico, laboral, social e psicolóxico tanto aos inmigrantes coma aos emigrantes retornados. Un asesoramento que é cada vez máis demandado por este sector da poboación, pois pasouse dos 149 beneficiarios atendidos en 2005 polo Concello de Ordes aos 273 beneficiarios de 2008 (data de posta en marcha da Oficina) ou aos 152 usuarios do primeiro semestre de 2009. Un crecemento que demostra o éxito da aposta realizada pola Concellería de Servizos Sociais de Ordes.
Nacionalidade e consultas
Por nacionalidades destaca especialmente o número de usuarios sudamericanos, con Colombia (40 usuarios, 26,3%) e Brasil (28 usuarios, 18,4%) á cabeza. Séguenos Marrocos (13,8%), Perú (7,2%) e Arxentina (6,6%), aínda que tamén hai usuarios de ata nove nacionalidades máis. En canto ao sexo, a gran maioría son mulleres (104), fronte a 48 homes.
No que atinxe ao tipo de consulta presentada, das 189 realizadas un total de 24 tiveron como obxecto a obtención do permiso de residencia e 19 estiveron relacionadas coa obtención de emprego. Así mesmo, tamén son moi significativas as consultas relativas á renovación da residencia, dúbidas sobre lexislación laboral, consultas de reagrupación familiar e trámites/recursos administrativos.
Así mesmo, durante este primeiro semestre producíronse un total de 42 consultas en liña (27 telefónicas e 15 por e-mail) e tamén se realizaron asesoramentos especializados en estranxeiría a Institucións e organismos públicos e privados, relacionados fundamentalmente con temas de retorno voluntario da Organización Internacional de Migración, familia, reagrupacións familiares e pensións.

*