Ana Pontón: "As administracións implicadas deben deixar a un lado os intereses partidarios e traballar coordenadamente para resolver este problema que non admite máis demora, xa que o curso académico xa ten comezado”
A deputada do BNG pola comarca de Santiago, Ana Pontón, ven de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego na que lle esixe ás administracións implicadas, Consellaría de Educación da Xunta e concello, que “aparquen as súas diferencias e arranxen con carácter inmeidato os desperfectos do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de Ordes.
Ana Pontón asegura que, segundo as informacións feitas públicas pola ANPA deste centro, as deficiencias que precisan dunha actuación urxente por parte da Xunta son o patio onde xogan nenos e nenas, que ten soterrado un depósito de gasoil; a instalación eléctrica, que presenta problemas de seguranza; solucionar os problemas de humidade e buratos nas paredes do xinmasio ou o problema do comedor, que quedou pequeno para atender a demanda actual .

As frases de Ana Potón, parlamentaria do BNG
"As previsións da anterior Consellaría de Educación eran levar adiante as obras para solucionar estes problemas no verán de 2009. Sen embargo, cando xa se inicia o curso escolar o Goberno do Partido Popular non as levou adiante”
“Comprobamos como a austeridade do Goberno do PP se traduce en deterioro dos servizos públicos e, en concreto, en deterioro do sistema educativo público”
*