Excepcional clausura do Curso de Verán da USC que promete voltar a Ordes
Xesús Pedreira: "“É un día histórico para esta vila"
A Consellería de Medio Ambiente amosou a súa "profunda satisfacción" por participar no curso ordense
A Casa da Cultura de Ordes acolleu este mediodía a clausura do Curso de Verán da Universidade de Santiago de Compostela, “A xestión Ambiental nos Concellos”, coa presencia de María José Echevarría, Subdirectora Xeral de Coordinación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, quen impartiu o derradeiro relatorio e participou na mesa de clausura en representación da Xunta de Galicia. Echevarría fixo fincapé na profunda satisfacción da Consellería por ter participado neste curso e a súa confianza en que sexa o primeiro de moitas outras edicións.
Na mesa de clausura tamén estiveron presentes, en reprentación do Concello de Ordes, o seu Alcalde, Manuel Regos, e o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, que se amosaron profundamente satisfeitos de ter acollido este curso da USC por vez primeira na historia de Ordes.
Agradecemento de Regos ás empresas participantes
O alcalde agradeceu o interese e a sensibilidade amosada polas empresas participantes e por concellos como Cerceda –cuxo alcalde asistiu como alumno ao curso- ou Guitiriz, que participou coa súa alcaldesa como ponente, ademais doutros que tamén desprazaron a técnicos municipais. Sen embargo, botou en falla a presencia de representantes dos concellos da comarca, xa que considerou de importancia a súa implicación na promoción da sostenibilidade.
Tanto o alcalde como o concelleiro socialista, amosáronse confiandos en poder repetir esta iniciativa, que convertiu a Ordes nun pequeno campus universitario durante sete días, extremo no que tamén coincidiron tanto o director do curso, Francisco Peña, como a secretaria, Julia Melgar, quen destacou que “na inauguración tivemos a oportunidade de contar co vicerrector de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán Santos, en reprentación do propio rector o que amosa o orgullo da USC nesta primeira experiencia en Ordes da que facemos un balance moi positivo e que agardamos teña continuidade no tempo”.
O acto serviu, ademais, para anunciar a próxima publicación, entre finais de setembro e outubro, do libro de ponencias no que se recollerán as intervencións feitas durante estes días de curso, “un feito excepcional”, explicou o director do curso, “debido a gran relevancia dos temas abordados neste curso”.
O acto rematou coa entrega de agasallos por parte do Concello aos organizadores do curso e por parte da USC ao propio director, Francisco Peña, da Universidade Politécnica de Madrid. Os alumnos, pola súa banda, recibiron os correspondentes diplomas acreditativos de ter participado con interese e intensidade tanto nas formación teórica como práctica do curso.
A frase de Manuel Regos, alcalde de OrdesO acto rematou coa entrega de agasallos por parte do Concello aos organizadores do curso e por parte da USC ao propio director, Francisco Peña, da Universidade Politécnica de Madrid. Os alumnos, pola súa banda, recibiron os correspondentes diplomas acreditativos de ter participado con interese e intensidade tanto nas formación teórica como práctica do curso.
"Traballamos arreo na concienciación dos nosos veciños e coido que este é un concello que xa deu moitos pasos neste camiño pero precisamos máis axudas da Administración autonómica e da Consellería, sobre todo para aqueles concellos coma o noso que tanto apostan polo medio ambiente”
A frase de Xesús Pedreira, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“É un día histórico para esta vila”
*