miércoles, 9 de septiembre de 2009

Raña: "Lamentablemente Ordes sigue encabezando as cifras de aumento do desemprego na comarca"

.
Os nacionalistas critican que o alcalde teña levado a Ordes a encabezar o crecemento do desemprego na nosa comarca

O BNG de Ordes respostou á valoración da evolución do desemprego en Ordes feita polo alcalde, Manuel Regos, acusandoo de “mentir descaradamente nos datos sobre a evolución do desemprego en Ordes”, segundo manifestou a concelleira nacionalista María Xosé Raña.

A concelleira de Barbeiros manifestou que “non é certo que o desemprego estea descendendo en Ordes, senon todo o contrario, lamentablemente Ordes sigue encabezando as cifras de aumento do desemprego na nosa comarca”.
Incremento do paro
Tamén salientou que o Concello de Ordes está sufrindo un incremento do paro moi superior ao sufrido no conxunto da mancomunidade de Ordes, formada polos municipios de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

En apoio desta afirmación, Raña salientou que “nos últimos meses, os datos do Instituto Galego de Estadística sinalan que nos sete concellos da comarca de Ordes aumentou o número de desempregados en 108 persoas no periodo que vai de xaneiro a agosto de 2009, un aumento que está sendo monopolizado polo Concello de Ordes, que incrementou o número de desempregados en 107 persoas nese período”.

As frases de María Xosé Raña, concelleira do BNG de Ordes
“Ao BNG parecelle lamentable que diante duns datos que colocan a Ordes á cabeza da comarca en aumento do desemprego, o alcalde, en lugar de traballar para frear esta situación, intente engañar aos veciños dicindo que está baixando o desemprego en Ordes, cando a realidade é ben distinta

“Para o BNG é moi preocupante que perto de 1.000 familias do noso concello estean sufrindo en primeira persoa o problema do desemprego e da falta de oportunidades, por iso temos realizado propostas para crear emprego en Ordes, como a construcción dun viveiro de empresas, ou un ambicioso plan de reforma e dinamización da praza de abastos, mais lamentablemente teñen sido rexeitadas polo alcalde”


*