miércoles, 9 de septiembre de 2009

Curso de Verán (III): Os participantes coñecen xa a xestión ambiental ordense

.
A calidade do aire centrou esta terceira xornada do curso, dirixido polo profesor da Universidade Politécnica de Madrid, Francisco Peña

Visitaron o embalse de Vilagudín, ETAP e EDAR e o punto limpo

Os alumnos do curso de verán da USC 'A xestión ambiental nos concellos' iniciaron a terceira xornada cunhas visitas prácticas ao embalse de Vilagudín, en Ordes, ETAP e EDAR municipais así como o punto limpo ordense, todas elas guiadas por técnicos responsables destes servizos que lles explicaron o seu funcionamentos.
A xornada teórica estará centrada na calidade do aire tanto a nivel estatal como galego e contará coa presencia de verdadeiros “pesos pesados” nesta materia como Rosalía Fernández Patier, xefa da área de Contaminación Atmosférica do Centro Nacional de Sanidade Ambiental do Ministerio de Ciencia e Innovación. O cambio climático e a emisión de gases de efecto invernadoiro serán outros temas colaterales que tamén se abordarán durante a xornada.

Contaminación acústica
Durante a xornada da tarde de onte, Regina Polín representante da FEGAMP abordou a Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade mentres que Juan José Lirón Lago, Asesor Técnico da Dirección Xeral de Política Financiera e Tesouro da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, expuxo cales son os instrumentos financeiros para a protección ambiental.

E xa por último, Francisco Peña, Profesor de Medio Ambiente e Saúde da CEPADE-Universidade Politécnica de Madrid e Director do curso, dounos as claves necesarias para previr e loitar contara a contaminación acústica.

A xornada continuará mañá cunha visita práctica ao Complexo Medioambiental de SOGAMA, en Cerceda e á Central Térmica de Meirama, guiada por técnicos de Sogama e da Unión Fenosa Generación, respectivamente.

________
Foto arriba: Alumnado do curso de verán 'A xestión ambiental nos concellos'
Foto abaixo: O profesor Francisco Peña impartindo a súa clase
*