martes, 22 de septiembre de 2009

Convivir coa 'enfermidade do amor'

.
Novo éxito de convocatoria do 'Curso de Atención a persoas enfermas de Alzhéimer'

Xesús Pedreira desexoulles aos participantes que “estes coñecementos vos sexan útiles tanto a nivel persoal como profesional”, xa que todos os alumnos teñen ao seu cargo enfermos afectados por esta doenza

Un total de vinte persoas, veciños dos distintos municipios da comarca de Ordes, participan dende onte na terceira edición do 'Curso de Atención a persoas enfermas de Alzhéimer', organizado polo Concello de Ordes. Un curso formativo que foi inaugurado na tarde de onte polo concelleiro de Sanidade, Xesús Pedreira, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial contra o Alzhéimer. Neste sentido, o concelleiro desexoulles aos alumnos que “estes coñecementos vos sexan útiles tanto a nivel persoal coma profesional”, xa que os 20 alumnos participantes teñen ao seu cargo enfermos afectados por esta doenza.

Este curso, de 40 horas de duración, terá lugar no Centro Comarcal de Ordes ata o 6 de outubro, en horario de 16:00 a 19:30 horas.

As frases de Xesus Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
“Hai moitas investigacións en marcha para paliar esta enfermidade, que algúns chaman a enfermidade do amor porque estes pacientes precisan de moito cariño e ás veces fanche rir e outras moitas fanche chorar”

“Tivemos que ampliar o número de prazas e, aínda así, quedou moita xente en lista de espera non só de Ordes, senón tamén doutros municipios da comarca e mesmo de Santiago”


*