miércoles, 2 de septiembre de 2009

O Concello inicia unha campaña informativa e de prevención da Gripe A

.
Os folletos estarán a disposición da cidadanía tanto no Concello como nos centros médicos, farmacias e establecementos que se adhiran á campaña

A concellería de Sanidade do Concello de Ordes ven de por hoxe en marcha unha campaña de información e prevención da Gripe A entre a poboación da vila centrada na distribución de folletos nos que se recolle información sobre o virus A (H1N1), os principais grupos de risco e síntomas así como uns sinxelos consellos a seguir para previr o contaxio.

Os centros públicos nos que se entregarán estos folletos, quen son cerca de 5.000, para que a xente teña acceso a eles serán principalmente o Centro Médico de Ordes e a Casa do Concello. Tamén se distribuirán polas farmacias da vila e se depositarán naqueles bares que estean interesados en participar na iniciativa.

Os folletos elaborados pola Concello de Ordes siguen en todo momento as recomendacións e pautas marcadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación da Consellería de Sanidade, pero adaptandoo no seu contido á realidade e recursos municipais. Unha correcta hixiene tanto das nosas mans como daquelas superficies onde pode depositarse o virus así como tapar boca e nariz ao tusir ou esbirrar son as principais recomendacións que se recollen no folleto informativo. No caso de ter contraía a enfermidade recomendáse porse en contacto cos servizos sanitarios e permanecer en casa alomenos sete días.

Podes ver un vídeo do Goberno arxentino con consellos sobre a Gripe A facendo clic baixo estas liñas:


"Manter a serenidade"
Para o concelleiro de Sanidade o máis importante nestes momentos é manter a serenidade e a planificación de tódalas accións, de forma coordinada coas diferentes institucións e seguindo as directrices do órgano competente neste campo, como é a Dirección Xeral de Saúde Pública.


As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
“Confiamos en que este campaña informativa resulte unha medida eficaz e preventiva que nos permita minimizar no posible os efectos adversos e os efectos económicos e sociais da enfermidade”
“O noso obxectivo é garantir a disponibilidade de recursos para o normal funcionamento do municipio, ao tempo que pretendemos manter informada á poboación para reforzar a súa protección”.

*