Un curso formativo terá lugar no Centro Comarcal do 21 de setembro ao 6 de outubro
Xesús Pedreira: "Trátase dun dos cursos máis demandados entre os veciños e veciñas, pois levamos xa varios anos facéndoos e sempre cubrimos todas as prazas e quedan moita xente en lista de espera"
Concello de Ordes conmemorará o 'Día Mundial contra o Alzhéimer', que se celebra este luns 21 de setembro, coa celebración dun curso formativo denominado 'Atención a persoas enfermas de Alzhéimer'. Un curso de corenta horas de duración que terá lugar no Centro Comarcal de Ordes, do 21 de setembro ao 6 de outubro.
No acto de inauguración do curso, que terá lugar este luns de 16:00 a 19:30 horas, participarán os 20 alumnos, que na súa gran maioría teñen ao seu cargo a enfermos de Alzhéimer.
Segundo datos da Xunta, na nosa comunidade diagnostícanse cada ano 9.000 novos casos de demencia e, na actualidade, hai 37.000 persoas que padecen demencia. Desta cifra, 24.000 persoas sofren de Alzhéimer.
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
“Este é un dos cursos formativos máis demandados entre os veciños e veciñas de Ordes, pois levamos xa varios anos facéndoos e sempre cubrimos todas as prazas e quedan moita xente en lista de espera”
"A razón desta gran demanda é a formación eminentemente práctica que reciben os alumnos, que aprenden técnicas sobre como coidar a este tipo de enfermos e analizan tamén como esta enfermidade pode repercutir na vida diaria do resto da familia”
*