viernes, 25 de septiembre de 2009

Este domingo, o Concello convídache á limpeza do río Cabrón

.
As persoas interesadas en participar deberán anotarse na Concellería de Medio Ambiente (Tlf. 981 68 00 02)

Xesús Pedreira: "Esta iniciativa pretende recuperar medioambientalmente unha parte do noso municipio"

O Concello participará este domingo 27 de setembro na segunda xornada de limpeza simultánea de ríos organizada dende o 'Proxecto Ríos', na que colaboran quince concellos galegos. Ordes é o único municipio da comarca que participa, e por segundo ano consecutivo, nesta iniciativa.

O punto de encontro do “Proxecto Ríos” será na entrada da Casa do Concello, ás 12:00 horas do domingo 27 de setembro. A organización recomenda levar roupa de faena, calzado de monte ou botas, guantes e algunha prenda de recambio. Así mesmo, o Concello de Ordes disporá de algunhas unidades de botas e guantes por se fixeran falla.

Esta será a segunda ocasión na que o Concello de Ordes participe na xornada de limpeza simultánea de ríos organizada polo “Proxecto Ríos”. O ano pasado, ducias de veciños e veciñas colaboraron na recuperación medioambiental do río Lengüelle, no tramo comprendido entre a presa de Castenda e a estación da Pontraga.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Fago un chamamento aos veciños e veciñas de Ordes para que colaboren con esta interesante iniciativa que pretende recuperar medioambientalmente unha parte do noso municipio, como é o río Cabrón, nas cercanías da estación depuradora de auga”

*