miércoles, 30 de septiembre de 2009

Castro quería que Sogama indemnizara a Ordes pola non recollida de voluminosos

.
Reaccións dos nacionalistas aos rechazo do goberno das súas mocións

Gonzalo Castro emplazou ao alcalde “a presionar á Xunta" para conseguir os fondos que faltan para executar a totalidade da obra da ronde leste

O BNG de Ordes apoiou a proposta de convenio urbanístico suscrita polo Concello con veciños afectados pola execución do vial da Ronda Leste e emplazou ao goberno municipal a “acelerar os trámites para executar canto antes as obras deste vial”.

Castro, manifestou que “o orzamento de dous millóns de euros para a execución da ronda leste, se ben constiute un avance, ainda é insuficiente para executar a totalidade da obra, que en ningún caso baixara dos catro millóns de euros”.

Castro manifestou que “os veciños e veciñas de Ordes son os grandes artífices deste avance na construcción do vial, grazas ao seu extraordinario apoio á mobilización en defensa do desvío dos camións de Sogama do centro da vila, con máis de 3.000 sinaturas recollidas”.

Finalmente, o portavoz nacionalista emplazou ao alcalde “a presionar á Xunta para conseguir os fondos que faltan para executar a totalidade da obra”.

"O alcalde perdeu unha boa oportunidade"
Gonzalo Castro fixo fincapé en que “o alcalde perdeu unha boa oportunidade, unha baza gañadora, xa que se apoiase públicamente e utilizase a masiva mobilización cidadá nas negociacións coa Xunta, seguro que Ordes disporía xa de todos os fondos necesarios para executar a Ronda Leste, mais lamentábelmente nin sequera secundou a mobilización coa súa sinatura”.

Gonzalo Castro defendeu o debate por vía de urxencia de dúas mocións presentadas polo BNG, na primeira delas se propoñía desbloquear a paralización das obras do paseo fluvial do río mercurín, “unhas obras moi importantes para a calidade de vida dos nosos veciños”.

Diante da resposta do goberno, na que se informou de que as obras se tiñan reanudado no dia de onte, o portavoz nacionalista manifestou que “desde o BNG amosamos a nosa satisfacción porque o goberno teña rectificado e atendido a nosa a petición de que se reanude a obra do paseo do río Mercurín”.

Para Castro, “a reanudación das obras de xeito inmediato, unha vez que o BNG presentou a moción, demostra a veracidade do que defendíamos na mesma, que é que non existían motivos que obrigasen a manter paralizada a obra do paseo fluvial.”

O portavoz do BNG manifestou que “é lamentábel que o goberno utilizase unha denuncia de Adega para paralizar as obras sen ningún motivo e iniciar unha campaña de descrédito contra o BNG, intentando culpalo da mesma”.

Sogama
Por outra banda, Gonzalo Castro lamentou que o Goberno rexeitase a outra moción nacionalista na que se instaba a Sogama a buscar solucións ao tratamento dos residuos voluminosos, xa que, segundo o portavoz do BNG “Sogama ten paralizado desde o 1 de setembro esta recollida, provocando que sexa o Concello quen teña que asumir o custo do mesmo, o que pode conlevar un incremento do recibo por recollida de lixo que pagan os veciños e veciñas de Ordes".

Diante desta situación, Castro instou ao goberno a “reclamar a Sogama unha compensación económica ao Concello por deixar de prestar este servizo”, mais o goberno municipal rexeitou esta proposta do BNG.

*