Os alumnos/traballadores do Obradoiro de Emprego de Ordes, que se clausurou onte, fixeron entrega persoalmente ao alcalde Manuel Regos, unha carta protesta polas declaracións feitas polo voceiro do grupo popular, Teodosio Martino, no pleno do pasado 16 de xullo no que lle acusaba de non traballar, así como de por en dúbida a transparencia no método de contratación.
Segundo declararon os alumnos “sentímonos ofendidos e indignados por consideracións utilizadas como arma arrojadiza contra o goberno en xeral e ao alcalde en particular”, ao que lle agradecen a oportunidade que lles brindou este obradoiro, e reivindican o seu traballo na rehabilitación da antiga estación de tren.
Carta remitida ao alcalde e asinada polos alumnos/traballadores: