O curso comezará o vindeiro 2 de outubro aínda que o prazo para inscribirse remata o 18 de setembro
O prezo da matrícula mantense, 62,70 euros para todo o ano
A Escola de Música de Ordes abre hoxe o seu prazo de inscrición para o novo curso académico que comezará o vindeiro 2 de outubro. Clases de solfeo e o ensino de instrumentos como a guitarra, a trompeta, o clarinete, o saxofón, o oboe, a frauta, a batería-percusión, o trombón, acordeón, a tuba ou o bombardino estarán de novo ao alcalce daqueles interesados que fagan a inscrición antes do 18 de setembro. O prezo da matrícula mantense, 62,70 euros para todo o ano.
Presenta a solicitude no Departamento de Educación e Cultura
Para anotarse, será preciso cumprimentar unha solicitude de ingreso no Departamento de Educación e Cultura e presentar dúas fotos tamaño carné, fotocopias do DNI e Libro de Familia, e un certificado de empadroamento, así como documentación adicional no caso de minusvalías ou enfermidades.
Como noutros antos previamente terá lugar unha reunión dos responsables do centro cos pais, nais e os alumnos matriculados na escola ao obxecto de explicar aspectos concretos da organización e funcionamento da escola.

Para acadar máis información ou para entregar a documentación, os interesados poden dirixirse ao Departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes.
*