Acusa ao alcalde de "cobardía política" por negarse a debatir a paralización das obras do paseo fluvial e a recollida dos voluminosos
O responsable local do BNG, Ramiro Recouso, acusou ao alcalde de cometer un acto de “cobardía política” por excluir da Orde do día do Pleno do próximo martes as dúas mocións presentadas polos nacionalistas ordenses. Mocións, que para Recouso afectan a cuestión de "gran transcendencia" para os ordenses. “O BNG", lembra o responsable, "ten presentado unha moción propoñendo solucións para desbloquear a paralización das obras do paseo fluvial do río mercurín, unhas obras moi importantes para a calidade de vida dos nosos veciños”.
Respecto a segunda moción presentada, Recouso alerta que “a outra moción que presentamos para o seu debate no Pleno propón que se inste a Sogama a buscar solucións ao tratamento dos residuos voluminosos, tratamento que Sogama ten paralizado desde o 1 de setembro, e que vai provocar que sexa o Concello quen teña que asumir o mesmo, provocando un probábel incremento do recibo por recollida de lixo que pagan os veciños e veciñas de Ordes”.
As frases de Ramiro Recouso, responsable local do BNG de Ordes
“Desde o BNG lamentamos que o alcalde en lugar de debatir e consensuar solucións a estes problemas, os teña excluido da Orde do Día do Pleno, amosando o seu total desinterese por estes asuntos e cometendo un acto de cobardía política e de desprezo á defensa dos intereses dos veciños de Ordes”
“O portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro, defenderá no Pleno da próxima semana que se acepte o debate destes asuntos, debido á urxencia que teñen, e realizará unha oferta de consenso a todos os Grupos Políticos para buscar solucións a uns problemas de grande importancia para o noso pobo”
“O portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro, defenderá no Pleno da próxima semana que se acepte o debate destes asuntos, debido á urxencia que teñen, e realizará unha oferta de consenso a todos os Grupos Políticos para buscar solucións a uns problemas de grande importancia para o noso pobo”
*