sábado, 19 de septiembre de 2009

O BNG anuncia que defenderá que o local de ensaio sea "amplo" e estea "acondicionado" tamén para gravar música

.
Castro: "O anuncio da súa construcción é unha conquista dos veciños de Ordes"

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, fixo público esta mañá “o agradecemento do BNG aos veciños de Ordes polo apoio á reivindicación da construcción dun local de ensaio para os grupos musicais do noso concello”.

Castro referiuse ao anuncio da construcción dun local de ensaio nos baixos da Alameda como “unha conquista dos veciños de Ordes, en especial dos grupos musicais que veñen reivindicando esta infraestructura desde hai tempo”.

O portavoz do BNG salientou que “a mobilización da xente vinculada aos grupos musicais de Ordes, mediante concentracións en apoio do local de ensaio e coa recollida de centos de sinaturas de veciños do noso Concello, ten propiciado que saise adiante a proposta que presentou o ano pasado o BNG no Pleno da Corporación para a construcción dun local de ensaio nos baixos da Alameda”.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes
“Lamentamos que o Goberno non aceptase hai un ano a proposta do BNG e deixase pasar o prazo para a solicitude dunha subvención á Dirección Xeral de Xuventude da Xunta, que naquel momento era xestionada polo BNG”

“Isto ten provocado que o Concello de Ordes perdese a oportunidade de que o acondicionamento e o equipamento do local fose sufragado pola Xunta, aforrando ese diñeiro ás arcas municipais, como sucedeu en concellos como Boiro, Tui, Pontedeume, Redondela, Ribadeo ou Santiago”

“O BNG defenderá que o local de ensaio que se construa nos baixos da Alameda sexa amplo e estea convintemente acondicionado e equipado, de xeito que permita non só o ensaio dos grupos senon tamén a grabación das súas maquetas

“Cun local de ensaio en Ordes non só se lle facilitará á mocidade unha instalación insonorizada e equipada na que ensaiar e gravar a súa música, senón que se contribuirá a dinamizar a vida sociocultural do concello e a incrementar a oferta de lecer alternativo para a xuventude”
_________

Foto: Concentración xuveníl á favor dun local de ensaio en Ordes, en xuño de 2008.

*