Se pecharon os cursos de natación durante os meses de xullo e agosto en horario de mañá
Os cursos de natación promovidos polo Concello de Ordes chegaron onte ao seu remate onte coa entrega dos diplomas e medallas de recoñecemento pola súa participación a cada un dos 88 rapaces que tomaron parte nalgún dos cursos. Aínda que a data de peche da piscina municipal 'O Muiño' é o 15 de setembro, os cursos de iniciación ou perfeccionamento de natación remataron cunha festa por todo o alto na que se deron cita os rapaces, con idades comprendidas entre os 3 e os 15 anos, acompañados dos seus pais e nais.
Inchables para os pequenos, pinchos para os maiores
A concelleira de Cultura e Deportes, Silvia Marín, foi a encargada de facerlles entrega destes recoñecementos e, a continuación, os nenos puideron disfrutar dos inchables que se colocaron na piscina para este día e de doces para celebrar o acto. Os pais e nais dos rapaces, pola súa banda, tamén tiveron pinchos.
Desde a Concellería, Silvia Marín amosouse moi satisfeita polo bo resultado dos cursos, que se organizaron en grupos a partir de 15 persoas, en función do seu nivel de coñecemento desta práctica deportiva.

*