viernes, 7 de noviembre de 2008

Xesús Pedreira, novo secretario xeral da executiva dos socialistas ordenses

Xesús Pedreira Mirás vén de ser elixido secretario xeral da Executiva Local da Agrupación Socialista de Ordes nuha asamblea onde tamén saiu elexido Juan José Ballesteros Díaz como secretario de Organización e se reelixiu a Carlos Pérez Casas coma Tesoureiro.

As secretarías executivas estarán ocupadas por María José Couselo Vázquez, José Manuel Tobío Boquete, Miriam Carballo Rodríguez, José Luis Míguez Cristóbal, Teresa Ferreiro González, Antonio Morán Ferreiro, Manuela Botana García, José Lino Gómez González, María Nieves Caamaño Gómez, Manuel Antonio Suárez Villaverde e Esther Figueira Rodríguez.

Esther Couto Rivas foi elixida para representar a Ordes no Comité Nacional, sendo Xesús Pedreira o seu suplente.

Quen é Xesús Pedreira?
Xesús Pedreira Mirás é natural de Ordes. Ten 54 anos e Diplomado en Enfermería. É especialista en Análisis Clínicos no CHUS (Santiago de Compostela) e Presidente da Asociación Española de Enfermería (EAC). Foi presidente do Colexio de Enfermería de A Coruña, e é ademáis Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais e Experto universitario en Xestión de Residuos pola Universidade de Cádiz. Dende maio de 2007 é Primeiro Tenente de Alcalde e concelleiro delegado de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade do Concello de Ordes. Está casado e ten dúas fillas.


*