Nota de prensa de Sogama. 13 de novembro de 2008
Tras catro anos de apoio ao equipo de fútbol da localidade veciña de Ordes, Sogama decidiu formalizar un novo convenio de colaboración con esta Sociedade Deportiva para a tempada 2008-2009, contribuíndo a abordar un proxecto no que se pretende aunar a práctica do deporte coa protección ambiental, o progreso económico e as políticas sociais, e todo iso baixo o paraugas da sostibilidade.
Implantación da Axenda 21 Local
Aproveitando esta plataforma, o Club Ordenes decidiu colaborar estreitamente co seu Concello e Mancomunidade para a implantación da Axenda 21 Local, un instrumento co que, dende o diálogo social e a responsabilidade compartida, se pretende favorecer un modelo de desenvolvemento compatible coa protección dos recursos e a mellora da calidade de vida.
A integración do medio ambiente na filosofía e comportamento do Club Ordenes foi evolucionando de tal maneira que, recentemente, esta Sociedade Deportiva tomou a decisión de adherirse á Carta Verde do Deporte, sendo o primeiro equipo galego que, distinguido pola súa alta sensibilidade en materia ambiental, formaliza esta actuación. Non en van, ao longo dos últimos tres anos, tanto a directiva como os propios xogadores das distintas categorías, deron evidentes mostras do seu compromiso co desenvolvemento local racional e duradeiro, contribuíndo a conciliar a práctica do deporte coa sostibilidade, e todo iso a través da difusión de valores relacionados coa dimensión humana, mellorando a saúde pública e a educación; coa perspectiva social, promovendo a tolerancia e a integración de persoas con discapacidade, así como a cohesión social e o fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres; co progreso económico, estimulando a inversión e o emprego, e co desenvolvemento político e institucional, fomentando a paz e o respecto ás regras democráticas.

Foto de archivo Concello de Ordes y Sogama.
*