domingo, 30 de noviembre de 2008

Gonzalo Castro explicou os logros da Xunta do BNG


Con motivo da exposición itinerante 'Transformando Galiza'

El Campo da Feira acolleu o venres pola tarde un acto de promoción do BNG que contou coa presenza do grupo municipal do BNG de Ordes, e outros cargos institucionais e orgánicos do BNG nos concellos da comarca de Ordes.

"Transfomando Galiza"
O acto organizouse con motivo da presenza en Ordes dun autobús do BNG que contén unha exposición itinerante, denominada Transformando Galiza. A exposición recolle información, fotografías e grabacións relativas aos logros dos nacionalistas desde que están no goberno galego, e tambén os derivados da xestión para defender a Galiza no Estado e en Europa.

*