O Concello busca promover a nosa relación coa poboación inmigrante
Unha degustación gastronómica de cociñas do mundo, unha mostra de traxes de Juanjo Liñares, obradoiros de caligrafía árabe e unha exhibición de danza do ventre e de capoeira serán parte das actividades
Un total de trinta postos de inmigrantes residentes en Ordes, ONG´s e artesáns inmigrantes de toda Galicia participarán este sábado en Ordes na primeira edición da Feira Intercultural. Trátase dun encontro intercultural organizado polo Concello de Ordes para promover a relación entre a poboación inmigrante e a autóctona nunha xornada festiva.
Unha feira na que participarán directamente veciños inmigrantes residentes en Ordes, que ocuparán cinco dos postos, e que proceden de Marrocos, Perú, Nixeria, Colombia, Venezuela e Arxentina.
Unha feira na que participarán directamente veciños inmigrantes residentes en Ordes, que ocuparán cinco dos postos, e que proceden de Marrocos, Perú, Nixeria, Colombia, Venezuela e Arxentina.
Haberá 25 postos de ONGs
Tamén haberá unha pequena mostra de traxes rexionais de distintos países cedidos para a ocasión polo bailarín ordense Juanjo Liñares. Xunto a todos eles, na alameda ordense haberá outros 25 postos de ONG´s (como Ecos do Sur, Mestura, Panxea, Intermón Oxfam, Médicos do Mundo) e de inmigrantes procedentes de toda Galicia que amosarán produtos de artesanía dos seus respectivos países.

Calendario
Sábado 15 de novembro.
Inauguración: 11 h.
Obradoiros gratuítos: A partires das 16.30 h.
Degustacións culinarias: A partires das 17.30 h. (Prezo: 1 euro).
Sorteos de dúas viaxes: 19.30 h.
Exhibición de danza do ventre e capoeira: 19.30 h.
Clausura: 21 h.
Esta iniciativa está organizada polo Concello de Ordes e patrocinada pola Secretaría Xeral de Emigración, a Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración, Caixa Galicia e La Caixa. Así mesmo, cóntase coa colaboración de Gadis, Ecos do Sur, Mestura, Futur Viajes, Viaxes Cristín, Casas Faya e os CEIP Campomaior e Castelao.
*