jueves, 13 de noviembre de 2008

Dezasete novos veciños terán o seu título da ESO


O curso celebrarase ata o mes de xuño en horario de 19:30 a 22:00 horas na Casa da Cultura de Ordes

En marcha un ano máis tras o éxito acadado en edicións anteriores

Un total de dezasete veciños e veciñas participarán ao longo dos vindeiros meses nun curso de formación gratuíto para obter o título en Educación Secundaria Obrigatoria organizado polo Concello. Un curso que comezou esta mesma semana e que terá lugar ata o vindeiro mes de xuño, data na que terán lugar os exames.

De luns a venres polas tardes
As clases terán lugar na Casa da Cultura de Ordes, de luns a venres e en horario de 19:30 a 22:00 horas. O Concello de Ordes decidíu poñer en marcha un ano máis este curso debido ao éxito acadado en edicións anteriores, nas que moitos veciños adquiriron a formación precisa para obter este título de graduado en ESO e que a moitos lles permitiu proseguir cos seus estudios ou para a súa incorporación ao mundo laboral.

As frases de Silvia Marín, concelleira de Educación
"O mérito que teñen estes veciños é que están traballando e, despois de traballar, aínda adican parte do seu tempo a estudiar e a retomar os seus estudios”.

“Tamén a mestra é quen de ensinar a xente con niveis moi dispares e motivalos a todos para que conseguan os seus obxectivos”.

*