martes, 25 de noviembre de 2008

Recouso defenderá no Pleno a "moi urxente" recollida de augas pluviais entre a Depuradora e a Rúa dos Lagartos

Os nacionalistas pedirán no Pleno do venres a finalización de múltiples obras xa iniciadas

O BNG de Ordes defenderá no Pleno a celebrar este venres 28, que dentro do Plan de Obras e Servizos (POSD para o 2009 se inclúa a finalización das obras xa iniciadas en actuacións de exercicios anteriores. Entre as actuacións pendentes de finalizar atópanse a pista que vai desde O Telleiro ate A Maquía e a pista que vai da Igrexa de Pereira ate Guindiboo, ambas na parroquia de Pereira; obras que xa foran aprobadas no Pleno de xullo de 2007, tal e como sinala Ramiro Recouso. Tamén a pista que discorre entre Queis e a estrada N-550, na parroquia de Montaos mostra, según o concelleiro nacionalista, a mesma situación.

Mellora do sumidoiro entre a Depuradora e a Rúa Lagartos
Así mesmo, o concelleiro nacionalista anunciou que o BNG defenderá a inclusión no POSD 2009 da pavimentación das rúas no entorno do Colexio e Campo de Fútbol de adestramento no Mesón do Vento, así como a construción de Beirarrúas no Paraíso (Ordes) e a recollida de augas pluviais entre a Depuradora de Ordes e a Rúa dos Lagartos (Ordes), actuación esta última que os nacionalistas consideran moi urxente, debido aos continuos desbordes que sufre o sumidoiro a consecuencia da incapacidade para absorber a totalidade das augas pluviais.

As frases de Ramiro Recouso, concelleiro do BNG
“É prioritario rematar coas obras iniciadas en anos anteriores, de nada vale iniciar obras ou actuacións e deixalas no esquecemento na metade da súa execución"

"Lamento a falta de planificación e de criterio do Goberno de que dirixe Manuel Regos, no mantemento da rede viaria municipal"

*