Unha vez finalizadas as rutas, o Concello sorteou dúas bicicletas e un casco, cedidos por Sogama e por Reale Seguros. O casco foi para Yolanda Rodríguez, mentras que as dúas bicis foron para Pedro Pose e David Picón. Uns premios que foron entregados polo alcalde en funcións de Ordes, Xesús Pedreira, e polo concelleiro de Deportes, Ramón Vázquez. Así mesmo, todos os participantes na proba recibiron unha camiseta conmemorativa de agasallo, así como pastelitos e refrescos unha vez rematadas as probas.
Paralelamente, a carpa instalada na alameda acolleu dúas sesións dun obradoiro do programa “Ciencia Divertida”, denominado “Mobilidade Sostible”. A través de divertidos xogos, as dúas monitoras ensináronlles a un total de 71 nenos o modo no que contaminan os coches e explicáronlles as vantaxes que ten para a saúde o uso da bicicleta como medio de transporte e a importancia das enerxías renovables.
Outro dos divertidos experimentos foi o do fomento das enerxías renovables, nos que os pequenos aprenderon que con enerxía solar se poden recargar as pilas dos seus xoguetes e mesmo como funciona a enerxía eólica.

*