martes, 4 de noviembre de 2008
O BNG continuará coas polémicas "reunións informativas" no rural
O BNG de Ordes realizará dúas reunións informativas sobre a toma de posesión da concentración parcelaria: domingo, 9 de novembro, ás 11:30 da mañá (Local Social de Barbeiros); e ás 16:00 da tarde (Escola de Vilamaior)
Gonzalo Castro, e o responsable de Medio Rural do BNG local, Lino Gaudeoso, reuníronse coa Delegada Provincial da Consellería do Medio Rural, Olga García, para analizar os pormenores da toma de posesión provisional da Concentración Parcelaria da zona de Vilamaior-Barbeiros, cuxo acordo será publicado nas próximas semanas no DOGA, momento no que se iniciarán, de xeito efectivo, os prazos para a toma de posesión das parcelas.
Os recursos presentados non excederon do 6%
Na citada reunión informouse aos representantes do BNG de Ordes de que a Consellería do Medio Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios debido a que unha vez rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Vilamaior-Barbeiros, o número de recursos presentados e pendentes de resolver non excedía do seis por cento dos titulares das explotacións, nin os reclamantes representaban máis do dez por cento da superficie concentrada. Así mesmo, Castro anunciou que na citada reunión se confirmou a adxudicación das obras de execución dos camiños secundarios e de acondicionamento das fincas, por un importe de 769.991,98 €, traballos que serán executados nos próximos meses.
A frase
Lino Gaudeoso: "É unha satisfacción o acordo da toma de posesión da concentración parcelaria de Vilamaior-Barbeiros, que incidirá positivamente no desenvolvemento socioeconómico das citadas parroquias”
*
Protagonistas:
Gonzalo Castro,
Lino Gaudeoso