miércoles, 19 de noviembre de 2008
Ordes organiza unha campaña para fomentar unha compra responsable no Nadal
O Concello recomenda regalar contos, instrumentos musicais, xogos educativos, xogos de mesa e tradicionais coma a corda, a goma ou a buxaina
O Concello de Ordes organiza unha campaña informativa para fomentar a compra responsable de xogos e xoguetes durante as vindeiras épocas de Nadal.
As claves: fixar un orzamento
Unha campaña que este ano vai dirixida especialmente aos pais e nais de Ordes e na que se lles ofrecen consellos para poder afrontar los gastos extras destas datas. Así, recoméndaselles fixarse un orzamento para mercar os xoguetes, aínda que se fai fincapé en que para divertirse xogando non é necesario ter moitos xoguetes. Así mesmo, apúntase que todos os xoguetes valen para nenos e nenas, aínda que o mellor agasallo é xogar en familia. Finalmente, recoméndanse como bos agasallos para este Nadal os contos, instrumentos musicais, xogos educativos, xogos de mesa e tradicionais coma a corda, a goma ou a buxaina.
Un e-mail aos Reis Magos
Se hai dous anos se organizou unha charla cos pais e o ano pasado se repartiron 650 “cartas” aos Reis Magos entre as escolas infantís e entre os rapaces de primaria dos distintos colexios de Ordes, este ano utilizaranse novos medios tecnolóxicos para a difusión destas mensaxes. Unhas mensaxes que chegarán aos veciños a través da nova web municipal, a través dos distintos paneis dixitais que o Concello de Ordes ten na rúa Alfonso Senra e no Campo da Feira, e a través de mensaxes na radio municipal nas que serán os propios nenos quen aconsellen aos seus pais.
*