jueves, 27 de noviembre de 2008

VI Edición das Noites de Tasca

Mañá venres ás 21 h. no Rincón do Pincho

O Rincón do Pincho de Ordes acolle mañá venres, 28 de novembro, a sexta edición de “Noites de Tasca”, una actividade organizada pola Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes. Co patrocinio do Concello de Ordes e Golan, a Noite de Tascas terá lugar a partir das 21 horas, coa participación de Carlos do Viso, quen terá ao seu cargo a narración das Coplas de Cego. Despois comezará a foliada á que os organizadores invitan a participar a todo aquel que así o desexe.

A entrada é totalmente libre e os participantes que se animen á foliada levarán un agasallo.