sábado, 29 de noviembre de 2008

I Festa do Motor en Mesón do Vento

Mesón do Vento acollerá hoxe sábado a celebración da I Festa do Motor. Unha festa organizada por Scratch e Tabeaio Racing Festa e que conta coa colaboración do Concello de Ordes.

Churrascada ás 13 horas
A festa comezará ás dez da mañá cunha exposición de coches, motos, karts e kartcross, que participarán en diversas competicións ao longo da mañán. A partir da unha da tarde terá lugar unha gran churrascada, ao prezo de dez euros a ración. Xa pola tarde, a festa continuará cunhas exhibicións de autocross, kartcrosss, karting e supermotard. A I Festa do Motor pecharase cun gran fin de festa con DJ´S, go-gos e regalos a cargo de LocaFM.