"A vila conta cun elevado nivel musical", di Gonzalo Castro
Solicitarán que o espazo situado debaixo da Alameda sea cedido á Dirección Xeral de Xuventude
O BNG de Ordes ven de presentar unha moción para a súa aprobación no próximo Pleno Municipal na que se propón que se acorde a cesión do espazo situado debaixo da Alameda de Ordes á Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, para a súa incorporación á Rede Galega de Locais de Ensaio. Según os nacionalistas, o Pleno da corporación xa aprobara hai case un ano a cesión dun local á rede , máis o goberno municipal de Manuel Regos "tense negado reiteradamente a cumplir o mesmo".
Grupos de primeiro nivel no panorama galego
O grupo municipal nacionalista considera que a vila conta cun "numeroso movemento músical con grupos de primeiro nível no panorama músical galego" e que por isa razón debería incorporarse a este programa promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, organismo dependiente de Vicepresidencia da Xunta.
Os nacionalistas aseguran ter o compromiso adquirido con esta Dirección Xeral de financiamento da instalación e acondicionamento do local por parte deste organismo, coma así lles fora expresado a representantes de Galiza Nova. Deste xeito, o único que se bastaría, din os nacionalistas, é "que o Concello de Ordes acordara a cesión á Xunta de Galicia dun local municipal destinado a local de ensaio".
Que é a Rede Galega de Locais de Ensaio?
É, como o seu propio nome indica, unha rede de locais de ensaio, de titularidade local ou autonómica que estean preparados acusticamente, debidamente insonorizados. Os locais de ensaio terán por finalidade fomentar o estudo e produción musical da mocidade, de xeito gratuíto e en condicións de igualdade para toda a xuventude
As frases de Gonzalo Castro
"A vila e a comarca o amplo abánico de estilos e o elevado nível músical que existe no Concello de Ordes con grupos como Axouxere, Dios ke te crew, Kastomá, O Chicharo Psicótico, Leone, Ghamberros, The Weeds, que agrupan a máis de 60 mozos e mozas do Concello".
"Cun local de ensaio en Ordes non só se lle facilitará á mocidade unha instalación insonorizada e equipada na que ensaiar e gravar a súa música, senón que contribuirá a dinamizar a vida sociocultural do concello e a incrementar a oferta de lecer alternativo para a xuventude”.
*