O BNG denuncia a perda de investimentos para a piscina climatizada 'Iván Raña'
`
O concelleiro BNG de Ordes, Ramiro Recouso, acusou ao executivo local de Manuel Regos de ser o responsable da perda de investimentos na piscina climatizada 'Iván Raña'.
Recouso lembra que o goberno municipal decidiu hai un ano anular o concurso público que se estaba tramitando para a adxudicación da xestión das instalacións da piscina climatizada, e asumir directamente a xestión da mesma, a pesar de que existían ofertas que aseguraban un forte investimento na mellora das instalacións.
Nese momento, o BNG advertiu ao goberno municipal que a piscina climatizada necesitaba un forte investimento, non inferior aos 300.000 €, investimento que debería ser asumido polo concello para reformar os vestiarios, mudar as actuais carpinterías de alumino por outras con ponte térmico que eviten a perda de calor (co conseguinte aforro enerxético), ampliación da sala de exercicios aeróbicos e a sustitución de máquinas na sala de musculación.
Nese momento, o BNG advertiu ao goberno municipal que a piscina climatizada necesitaba un forte investimento, non inferior aos 300.000 €, investimento que debería ser asumido polo concello para reformar os vestiarios, mudar as actuais carpinterías de alumino por outras con ponte térmico que eviten a perda de calor (co conseguinte aforro enerxético), ampliación da sala de exercicios aeróbicos e a sustitución de máquinas na sala de musculación.
Rebaixarán o canon
Diante desta situación, o goberno municipal ten decidido rebaixar o canon dos 300.000 euros que figuraban nas bases do concurso a 100.000 euros, o que, a xuízo do BNG, “dificulta que se poidan acometer os investimentos que necesitan as instalacións”.
Un asunto xa tratado no Pleno do pasado 27 de outubro
O Pleno municipal do pasado 27 de outubro xa debateu este asunto e que concluiu coa aprobación dos pliegos de cláusulas administrativas particulares e de prescripcións técnicas sobre o expediente de contratación por procedimento aberto e tramitación ordinaria da concesión da xestión do servizo de piscina cos votos a favor do grupo de goberno, a abstención de Nova Alternativa e os votos en contra de PP e BNG. Naquel debate, Regos si recoñecera que o canon imposto á empresa adxudicataria -300.000 euros- foi demasiado alto, por iso agora convenía rebaixalo ata os 100.000 buscando algunha empresa interesada. Segundo o alcalde, foi a crise xeneralizada quen poidera alonxar á operación ás empresas. O popular Díaz Hermida responsabilizaba ao feito de ser un contrato por tempo limitado o que non invitara aos empresarios a participar, e lembraba á corporación municipal que fai anos si houbo ofertas que se rechazaron que rondaban os 300.000 euros pola xestión. "Por que esas empresas que viñeron antes non veñen agora?", lle soltou Regos a Hermida.
´
* O goberno municipal leva máis dun ano enganando e mentindo en relación á xestión das instalacións da piscina climatizada
* Durante máis dun ano a piscina climatizada non recibiu ningún dos investimentos que necesita, e desde o goberno municipal se reiterou en numerosas ocasións que sería coa aprobación dos orzamentos municipais para o 2008, cando se incluirían as inversións necesarias para a mesma, cousa que finalmente non aconteceu
* O goberno municipal ademais de non incluír nos Orzamentos para o 2008 ningunha inversión para as instalacións da piscina climatizada chegou incluso a rexeitar alegacións presentadas por veciños que pedían que se incluísen inversións para estas instalacións
* O engano e as mentiras do goberno descubríronse cando, finalmente, decidiron sacar de novo a concurso a xestión da piscina municipal, concurso que quedou deserto porque as empresas non asumen na actualidade, debido á situación de crise, os investimentos que necesita a piscina
* A incapacidade e as mentiras do goberno municipal en relación á xestión da piscina municipal, teñen provocado que as súas instalacións perdan importantes investimentos, que hai un ano estaban plenamente garantidos
*