miércoles, 30 de septiembre de 2009
Un total de 150 veciños anotáronse no xantar do 'Día das Familias'
Terá lugar este sábado a partires das 13.30 h. no campo da festa de Poulo
Un total de 150 veciños e veciñas de Ordes formalizaron a súa inscrición no xantar familiar do 'Día das familias', cuxo prazo de anotación rematou hoxe mércores. Un xantar que terá lugar este sábado 3 de outubro, a partires das 13:30 horas, no campo da festa de Poulo.
O lugar de A Senra (Poulo) acollerá unha gran carpa, instalada polo Concello de Ordes, onde as familias poderán disfrutar do xantar. Unha comida que traerá cada familia das súas propias casas. Posteriormente, a partires das 17:30 horas, a Concellería de Servizos Sociais ten programados xogos populares e unha actuación musical en directo.
Esta será a primeira ocasión na que o Concello de Ordes celebre o 'Día das Familias' organizando un gran xantar popular, xa que o que se facía ata o de agora era organizar excursións de familias como a realizada en 2008 á Ribeira Sacra, que incluíu unha ruta en catamarán polos canóns do río Sil.
____
Vídeo: Gaiteirada en Poulo.
*
Castro quería que Sogama indemnizara a Ordes pola non recollida de voluminosos
Reaccións dos nacionalistas aos rechazo do goberno das súas mocións
Gonzalo Castro emplazou ao alcalde “a presionar á Xunta" para conseguir os fondos que faltan para executar a totalidade da obra da ronde leste
O BNG de Ordes apoiou a proposta de convenio urbanístico suscrita polo Concello con veciños afectados pola execución do vial da Ronda Leste e emplazou ao goberno municipal a “acelerar os trámites para executar canto antes as obras deste vial”.
Castro, manifestou que “o orzamento de dous millóns de euros para a execución da ronda leste, se ben constiute un avance, ainda é insuficiente para executar a totalidade da obra, que en ningún caso baixara dos catro millóns de euros”.
Castro manifestou que “os veciños e veciñas de Ordes son os grandes artífices deste avance na construcción do vial, grazas ao seu extraordinario apoio á mobilización en defensa do desvío dos camións de Sogama do centro da vila, con máis de 3.000 sinaturas recollidas”.
Finalmente, o portavoz nacionalista emplazou ao alcalde “a presionar á Xunta para conseguir os fondos que faltan para executar a totalidade da obra”.
"O alcalde perdeu unha boa oportunidade"
Gonzalo Castro fixo fincapé en que “o alcalde perdeu unha boa oportunidade, unha baza gañadora, xa que se apoiase públicamente e utilizase a masiva mobilización cidadá nas negociacións coa Xunta, seguro que Ordes disporía xa de todos os fondos necesarios para executar a Ronda Leste, mais lamentábelmente nin sequera secundou a mobilización coa súa sinatura”.
Gonzalo Castro defendeu o debate por vía de urxencia de dúas mocións presentadas polo BNG, na primeira delas se propoñía desbloquear a paralización das obras do paseo fluvial do río mercurín, “unhas obras moi importantes para a calidade de vida dos nosos veciños”.
Diante da resposta do goberno, na que se informou de que as obras se tiñan reanudado no dia de onte, o portavoz nacionalista manifestou que “desde o BNG amosamos a nosa satisfacción porque o goberno teña rectificado e atendido a nosa a petición de que se reanude a obra do paseo do río Mercurín”.
Para Castro, “a reanudación das obras de xeito inmediato, unha vez que o BNG presentou a moción, demostra a veracidade do que defendíamos na mesma, que é que non existían motivos que obrigasen a manter paralizada a obra do paseo fluvial.”
O portavoz do BNG manifestou que “é lamentábel que o goberno utilizase unha denuncia de Adega para paralizar as obras sen ningún motivo e iniciar unha campaña de descrédito contra o BNG, intentando culpalo da mesma”.
Sogama
Por outra banda, Gonzalo Castro lamentou que o Goberno rexeitase a outra moción nacionalista na que se instaba a Sogama a buscar solucións ao tratamento dos residuos voluminosos, xa que, segundo o portavoz do BNG “Sogama ten paralizado desde o 1 de setembro esta recollida, provocando que sexa o Concello quen teña que asumir o custo do mesmo, o que pode conlevar un incremento do recibo por recollida de lixo que pagan os veciños e veciñas de Ordes".
Diante desta situación, Castro instou ao goberno a “reclamar a Sogama unha compensación económica ao Concello por deixar de prestar este servizo”, mais o goberno municipal rexeitou esta proposta do BNG.
*
martes, 29 de septiembre de 2009
Teremos paseo fluvial para dentro dunhas poucas semanas
O cese do tratamento de residuos voluminosos por Sogama non suporá ningún gasto para o Concello ou os veciños, e mesmo pode supoñer un aforro, xa que o punto limpo de Ordes podería acoller os residuos voluminosos dos municipios integrados na Mancomunidade
Roberto González: "Para nós a urxencia é o PXOM"
Regos sobre a aprobación das Contas 2008: "Aquí non hai nada que agachar, estamos facendo obras e entendemos que iso molesta"
“As obras no paseo fluvial do Río Mercurín reanudáronse onte [luns 28 de setembro] e, aínda que semella que hai xente á que lle molesta que se inaugure esta área fluvial, se o tempo acompaña a finais de outubro ou principios de novembro esta obra estará lista para o seu disfrute polos veciños e veciñas de Ordes”. Así respondía o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, á moción presentada polo BNG diante da paralización das obras do paseo fluvial e que non foi admitida a trámite no pleno celebrado esta mañá (a urxencia foi rexeitada cos 9 votos en contra do grupo de Goberno, a abstención dos tres concelleiros do PP fronte aos dous votos a favor do BNG).
Sobre a paralización das obras, a raíz dunha denuncia presentada dende Adega, Xesús Pedreira sinalou no pleno que “todos sabemos quen mandou quitar as fotos que chegaron dende ADEGA á Consellería de Medio Ambiente para paralizar esta obra” e lembrou que “esta obra foi adxudicada pola Xunta, cun impacto ambiental aprobado e unha Dirección de Obra”. Pedreira Mirás explica que “diante das denuncias presentadas houbo que presentar un proxecto reformado da obra, que agardamos que saia adiante en breve pero onte xa iniciamos os traballos na zona de Penelas, un área que non está afectada pola paralización”.
Recuperación do ecosistema fluvial do río Mercurín
A execución destas obras é froito dun convenio de colaboración asinado polo Concello de Ordes coa Xunta de Galicia, que está a investir 450.290 euros no acondicionamento das marxes do río Mercurín. A execución deste proxecto supón a recuperación do ecosistema fluvial do Mercurín ao longo de preto de dous quilómetros, concretamente entre os muiños da Silva e da Braña, que tamén serán recuperados. O proxecto inclúe a construción dun camiño peonil en ambas marxes do Mercurín a base de zahorra compactada e listóns de madeira. Un novo espazo de ocio e descanso integrado completamente no medio natural e que constará tamén dunha área recreativa e dunha zona de xogos infantís.
Unanimidade da travesía alternativa
Por outra banda, o pleno municipal aprobou por unanimidade o texto definitivo do convenio urbanístico para a ocupación dos terreos afectados pola construción da travesía alternativa de Ordes, en concreto do primeiro tramo desta obra (uns 740 metros comprendidos entre a N-550 e a AC-524). O alcalde de Ordes, Manuel Regos, anunciou no pleno que “agardamos empezar con esta obra no mes de xaneiro e ter este treito rematado no mes de agosto”.
Fronte ás dúbidas expresadas por Teodosio Martino sobre a financiación do proxecto, que ascende a 2,2 millóns de euros, Regos explicou que “os técnicos, que son os que se encargan destas cousas, din que os cartos deben chegar” e ironizou sobre as afirmacións de Teodosio Martino, que aseguraba que había que iniciar os traballos antes de decembro. “Na firma do convenio establécese que a anualidade á que se refire vostede corresponde a 2010”, explicoulle Manuel Regos, quen suxeriu que “ten vostede que preguntar mellor na Xunta ou ir máis por aló”.
Regos Boquete agradeceu a colaboración dos veciños para a sinatura deste convenio urbanístico, “polo que non se vai expropiar a ninguén”. Este primeiro tramo da travesía alternativa de Ordes partirá dunha futura glorieta na N-550 ata a actual rotonda do Paraíso, xunto o IES nº 1 e a futura Casa Cuartel de Ordes. O tramo contará cunha plataforma de 20 metros de ancho, repartidos en tres carrís de 3,5 metros (dous de subida e un de baixada), así como unha zona reservada para paseo peonil e carril bici (de 3 metros cada unha). O proxecto complétase cunha beiravía dun metro (esquerda) e 2 metros (dereita, separados por unha mediana do carril bici e da zona peonil).
Caseta vixianza en Ardemil e conta xeral
A unanimidade tamén se mantivo á hora de solicitar á Xunta a construción na parroquia de Ardemil dunha caseta de vixianza para facer fronte aos lumes forestais. Unha unanimidade que se mantivo tamén na aprobación definitiva da cesión gratuita ao Ministerio de Interior dos terreos para a construción do cuartel da Garda Civil. “Ésta foi a última exposición pública e non houbo reclamacións, polo que hoxe se pecha a tramitación”, explicou o alcalde ordense.
A unanimidade rompeuse á hora de aprobar a Conta Xeral de 2008, que saíu adiante cos 9 votos do grupo de Goberno, a abstención dos 2 concelleiros do BNG e o voto en contra dos 3 membros do PP. Diante das obxeccións postas polo voceiro popular, Manuel Regos indicou que “aquí non hai nada que agachar, estamos facendo obras e entendemos que iso molesta”.
Finalmente, no turno de mocións desbotouse a urxencia de senda proposicións de BNG e PP. Os nacionalistas solicitaban que o Concello de Ordes pedise á Xunta o mantemento do servizo de recollida de voluminosos no municipio. Fronte a esta petición, o concelleiro de Medio Ambiente explicou que, por lei, “dende abril os voluminosos xa non tiñan que entrar en Sogama” e lembrou que o cese do tratamento destes residuos por Sogama “non supón ningún gasto para o Concello ou os veciños, e mesmo pode supoñer un aforro”, xa que o punto limpo de Ordes podería acoller os residuos voluminosos dos municipios integrados na Mancomunidade de Ordes.
O pleno tampouco admitiu a urxencia da moción do PP que solicitaba o desarrollo dunha unidade de actuación no municipio. O concelleiro de Urbanismo, Roberto González, explicou que “non procede a urxencia, poi para nós a urxencia é o PXOM”, no que se está a traballar e do que se presentará un adianto nas vindeiras semanas.
*
domingo, 27 de septiembre de 2009
"¿No querías ver un electrodoméstico? Pues ahí lo tienes"
Manolo, tesorero de Tarandeira lleva ya once años colaborando en la limpieza de ríos. “Fai uns anos”, cuenta, “encontramos dous tractores no río”. El problema muchas veces viene de los propios vecinos de los alrededores. “Eles non son reacios á limpeza cando nos ven por aquí, pero son conscientes de que moitas veces vimos limpar o que eles ensucian. As parroquias necesitan depósitos de residuos para que non teñan disculpa algunha para tirar lixo ao rio”, reconoce. Junto a él una enorme roca de cemento solidificada imposible de desprender del río. “Se é pedra non pasa nada, pero se é polvo [o cemento], eso mata troitas”.
Puedes ver el vídeo haciendo clic bajo estas líneas:
*
sábado, 26 de septiembre de 2009
Recouso, molesto coa retirada de dúas mocións do Pleno

Respecto a segunda moción presentada, Recouso alerta que “a outra moción que presentamos para o seu debate no Pleno propón que se inste a Sogama a buscar solucións ao tratamento dos residuos voluminosos, tratamento que Sogama ten paralizado desde o 1 de setembro, e que vai provocar que sexa o Concello quen teña que asumir o mesmo, provocando un probábel incremento do recibo por recollida de lixo que pagan os veciños e veciñas de Ordes”.
“O portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro, defenderá no Pleno da próxima semana que se acepte o debate destes asuntos, debido á urxencia que teñen, e realizará unha oferta de consenso a todos os Grupos Políticos para buscar solucións a uns problemas de grande importancia para o noso pobo”
viernes, 25 de septiembre de 2009
¡Parabéns ao Club Seo, campeóns galegos de Raids de Aventura 2009!

O Club SEO pecha así unha tempada na que acadou varios éxitos a nivel nacional coma un meritorio quinto posto no Raid “Tierras de Talavera” ou un segundo posto no Raid “Picos de Europa”. Así mesmo, e en colaboración co Concello, o Club SEO organizou o pasado mes de maio a segunda edición do Raid Odiseo-Concello de Ordes, que tivo un gran éxito de participación e de público.
Ordes, primeiro concello en elaborar un protocolo integral contra a Gripe A
Campaña informativa e prevención
Paralelamente, dende principios de setembro a concellería de Sanidade de Ordes desenvolve unha campaña de información e prevención da Gripe A entre a poboación da vila. Unha campaña que está centrada na distribución de folletos nos que se recolle información sobre o virus A (H1N1), os principais grupos de risco e síntomas así como uns sinxelos consellos a seguir para previr o contaxio.
Unha correcta hixiene tanto das nosas mans como daquelas superficies onde pode depositarse o virus así como tapar boca e nariz ao tusir ou esbirrar son as principais recomendacións que se recollen no folleto informativo. No caso de ter contraía a enfermidade recomendáse porse en contacto cos servizos sanitarios e permanecer en casa alomenos sete días.
Este domingo, o Concello convídache á limpeza do río Cabrón
Esta será a segunda ocasión na que o Concello de Ordes participe na xornada de limpeza simultánea de ríos organizada polo “Proxecto Ríos”. O ano pasado, ducias de veciños e veciñas colaboraron na recuperación medioambiental do río Lengüelle, no tramo comprendido entre a presa de Castenda e a estación da Pontraga.
Mulleres colombianas e brasileiras, as que máis recurren á Oficina de Información a Migrantes

Na Oficina de Información a Migrantes préstase asesoramento xurídico, laboral, social e psicolóxico tanto aos inmigrantes coma aos emigrantes retornados. Un asesoramento que é cada vez máis demandado por este sector da poboación, pois pasouse dos 149 beneficiarios atendidos en 2005 polo Concello de Ordes aos 273 beneficiarios de 2008 (data de posta en marcha da Oficina) ou aos 152 usuarios do primeiro semestre de 2009. Un crecemento que demostra o éxito da aposta realizada pola Concellería de Servizos Sociais de Ordes.
Nacionalidade e consultas
Por nacionalidades destaca especialmente o número de usuarios sudamericanos, con Colombia (40 usuarios, 26,3%) e Brasil (28 usuarios, 18,4%) á cabeza. Séguenos Marrocos (13,8%), Perú (7,2%) e Arxentina (6,6%), aínda que tamén hai usuarios de ata nove nacionalidades máis. En canto ao sexo, a gran maioría son mulleres (104), fronte a 48 homes.
No que atinxe ao tipo de consulta presentada, das 189 realizadas un total de 24 tiveron como obxecto a obtención do permiso de residencia e 19 estiveron relacionadas coa obtención de emprego. Así mesmo, tamén son moi significativas as consultas relativas á renovación da residencia, dúbidas sobre lexislación laboral, consultas de reagrupación familiar e trámites/recursos administrativos.
Así mesmo, durante este primeiro semestre producíronse un total de 42 consultas en liña (27 telefónicas e 15 por e-mail) e tamén se realizaron asesoramentos especializados en estranxeiría a Institucións e organismos públicos e privados, relacionados fundamentalmente con temas de retorno voluntario da Organización Internacional de Migración, familia, reagrupacións familiares e pensións.
martes, 22 de septiembre de 2009
Ordes recibiu 61 denuncias de mulleres por maltrato entre xaneiro de 2008 e marzo de 2009

Unha campaña que se vai levar a cabo a través de Radio Ordes e na que se informa de que máis de 500.000 mulleres de todo o mundo viven en réxime de explotación, así como que España sofre unha das maiores redes de tráfico sexual de toda Europa. Así mesmo, apúntase que dende o Centro de Información á Muller (CIM) de Ordes se ofrece axuda a todas estas mulleres e dase un teléfono de contacto: 981 68 21 08.
Dacordo cos datos manexados polo CIM de Ordes, entre xaneiro de 2008 e marzo de 2009 atendéronse un total de 85 casos (272 casos se sumamos os da Unidade Psicosocial do Concello de Ordes). No que atinxe á tipoloxía dos casos atendidos, destacan un total de 61 de mulleres maltratadas, das que a gran maioría teñen entre 31 e 60 anos de idade.
Os datos do CIM de Ordes confirman que o alcol está presente en 37 dos 61 casos de maltrato. Ademais, apuntan que tan só 7 das vítimas son inmigrantes, mentras que os 9 homes maltratadores que están en consulta son todos españoles.
Convivir coa 'enfermidade do amor'


lunes, 21 de septiembre de 2009
Radio Ordes inicia una prometedora y revolucionaria temporada
Además, desde Radio Ordes ya se ha puesto en marcha el convenio de colaboracón con la Red de Emisoras Municipales de Galicia (Emuga). Gracias a este acuerdo semanalmente la emisora de carácter autonómico se hará eco de todas las informaciónes, actos o eventos más destacados del municipio.
Paradisc, nueva apuesta musical
Por otro lado, el DJ Miguel Fons se ha unido al equipo que actualmente configura la plantilla de Radio Ordes. Paradisc es el nombre de su espacio musical que se emite todos los sábados de 19 a 21 horas. En él se dan cuenta de todas las novedades relativas a la música de baile, especialmente a las englobadas dentro del estilo house. Miguel Fons es sobradamente conocido por los aficionados a la música dance, sobre todo en el ámbito de Ordes, ya que desde hace una década viene pinchando en esta localidad durante las noches de los sábados. (www paradisc.com)
LUNES, MARTES, MIÉRCOLES Y VIERNES:
09:00-13:00 h. As mañanciñas de Radio Ordes. Magazine matutino, con Juan Abeijón.
13:00-14:00 h. Música sen pausa. Bloque musical elaborado por Radio Ordes.
14:20-14:30 h. Cerna. Espacio informativo sobre Medio Ambiente, con Belén Rodríguez.
14:30-17:00 h. Música sen pausa. Bloque musical elaborado por Radio Ordes.
17:00-18:00 h. Stars, Beale steet, 18 rodas, Música da túa vida. Programa musical especializado. Estilos Rock, Años 80, Blues, Pop y éxitos pasados (Emuga).
18:00-20:00 h. O viraventos. Magazine juvenil de tarde, con Eva Ocampo (Emuga).
20:00-20.30h Informativo Galicia. Información de ámbito autonómico, con Manuel Álvarez Moreira (Emuga).
20:30-22:30 h. Arredor de Nós. Magazine de actualidad regional, con Heleda Dopico. Reemisión. (Emuga).
22:30-22:50 h. Informativo Radio Ordes. Boletín informativo, con Pablo Quinteiro (Reemisión)
22:50-09:00 h. Música sen pausa. Bloque musical elaborado por Radio Ordes.
JUEVES:
09:00-13:00 h. As mañanciñas de radio Ordes
13:00-14:00 h. Música sen pausa
14:00-14:20 h. Informativo Radio Ordes
14:20-14:30 h. Cerna
14:30-16:00 h. Música sen pausa
16:00-17:30 h. Son do Chafarís. Espacio de cultura, música y de tradiciones. Presentado por David Fernández y Raquel Ríos. Dirigido por Pablo Quinteiro.
17:30-18:00 h. Música sen pausa
18:00-20:00 h. O viraventos
20:00-20:30 h. Informativo Galicia
20:30-22:30h. Arredor de Nós
22:30-22:50 h. Informativo Radio Ordes
22:50-09:00 h. Música sen pausa
SÁBADO:
00:00-12:00 h. Música sen pausa
12:00-13:30 h. Son do Chafarís
13:30-18:00 h. Música sen pausa
18:00-19:00 h. Bucle
19:00-21:00 h. Paradisc Programa centrado a la música de baile. Dirigido y presentado por Miguel Fons. Además de presentar las principales novedades se realizan entrevistas con figuras destacadas de la música electrónica
21:00-23:00 h. Frecuencia de Baile. Espacio que atiende a todas las novedades y éxitos que llenan las pistas de baile. José Antonio Sanjurjo y sus colaboradores realizan reportajes y entrevistas con figuras del ámbito musical electrónico a nivel nacional.
23:00-00:00 h Sesión Dj. Cada semana un disc jockey nos ofrece una sesión especialmente creada para Radio Ordes.
DOMINGO
24 h. Música sen pausa
sábado, 19 de septiembre de 2009
Prepárase a conmemoración do Día do Alzheimer

O BNG anuncia que defenderá que o local de ensaio sea "amplo" e estea "acondicionado" tamén para gravar música
O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, fixo público esta mañá “o agradecemento do BNG aos veciños de Ordes polo apoio á reivindicación da construcción dun local de ensaio para os grupos musicais do noso concello”.
Castro referiuse ao anuncio da construcción dun local de ensaio nos baixos da Alameda como “unha conquista dos veciños de Ordes, en especial dos grupos musicais que veñen reivindicando esta infraestructura desde hai tempo”.
O portavoz do BNG salientou que “a mobilización da xente vinculada aos grupos musicais de Ordes, mediante concentracións en apoio do local de ensaio e coa recollida de centos de sinaturas de veciños do noso Concello, ten propiciado que saise adiante a proposta que presentou o ano pasado o BNG no Pleno da Corporación para a construcción dun local de ensaio nos baixos da Alameda”.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes
“Lamentamos que o Goberno non aceptase hai un ano a proposta do BNG e deixase pasar o prazo para a solicitude dunha subvención á Dirección Xeral de Xuventude da Xunta, que naquel momento era xestionada polo BNG”
“Isto ten provocado que o Concello de Ordes perdese a oportunidade de que o acondicionamento e o equipamento do local fose sufragado pola Xunta, aforrando ese diñeiro ás arcas municipais, como sucedeu en concellos como Boiro, Tui, Pontedeume, Redondela, Ribadeo ou Santiago”
“O BNG defenderá que o local de ensaio que se construa nos baixos da Alameda sexa amplo e estea convintemente acondicionado e equipado, de xeito que permita non só o ensaio dos grupos senon tamén a grabación das súas maquetas”
“Cun local de ensaio en Ordes non só se lle facilitará á mocidade unha instalación insonorizada e equipada na que ensaiar e gravar a súa música, senón que se contribuirá a dinamizar a vida sociocultural do concello e a incrementar a oferta de lecer alternativo para a xuventude”
_________
Foto: Concentración xuveníl á favor dun local de ensaio en Ordes, en xuño de 2008.
*
viernes, 18 de septiembre de 2009
O local de ensaio ocupará dúas salas nos baixos da Alameda
Manuel Regos aproveitou a sinatura deste convenio de colaboración para anunciar que o Concello de Ordes cederá provisionalmente dúas salas nos baixos que se están a acondicionar na Alameda ordense para a creación dun local de ensaio para os grupos de música do municipio.
Ampliación da Alameda en máis de mil metros cadrados
As obras realizadas ata o de agora na alameda ordense supuxeron a ampliación nuns 1.280 metros cadrados da superficie do parque que ocupa o centro da vila, convertindo a zona nunha gran área de lecer para o disfrute dos veciños. Ademáis derrrubáronse os antigos almacéns existentes na zona para instalar un novo forxado prefabricado, acometeuse o empedrado do paseo (cun pavimento idéntico ao preexistente na praza) e instalouse diverso mobiliario urbán na zona. Posteriormente procederase á construción dun acceso peonil, libre de barreiras arquitectónicas, para as dependencias municipais que se ubicarán na parte inferior da alameda.
Regos Boquete destacou especialmente o traballo levado a cabo polo concelleiro de Urbanismo e Obras de Ordes, Roberto González, “que foi o auténtico alma máter deste proxecto”, polo que o Concello de Ordes recoñeceu o seu esforzo incluíndo o seu nome na placa conmemorativa da inauguración da alameda ordense.
Manuel Regos valorou moi positivamente a colaboración económica da Deputación da Coruña para a realización desta importante obra na Alameda e destacou tamén outros investimentos realizados pola institución provincial no municipio, como o compromiso existente para a mellora da travesía da rúa do Recreo (cun orzamento de 429.406,42 €), as obras da senda peonil de Poulo (cun orzamento de 302.636,10 €) ou a mellora da rúa Rosalía de Castro. “A Deputación da Coruña estase portando moi ben con Ordes”, apuntou.
Pola súa banda, Salvador Fernández Moreda manifestou que a achega económica de 400.000 euros da Deputación para remodelar este espazo do centro de Ordes é unha expresión máis da colaboración da Deputación con Ordes, dentro da política de colaboración cos municipios que desenvolve o organismo provincial. “A Deputación está para axudar aos concellos, para garantir que todos os cidadáns da provincia podan disfrutar do mesmo nivel de servizos”, afirmou.
Fernández Moreda referiuse tamén ao compromiso da institución provincial cos concellos nestes momentos de crise económica e anunciou que os plans anticrise implementados este ano pola Deputación da Coruña, terán continuidade en 2010 con plans análogos e dixo que a Deputación axudará aos concellos para afrontar o gasto corrente.
Neste sentido, avanzou que no Plan de Obras e Servizos (POS) de 2010 os concellos deberán destinar o 50% do orzamento que lles corresponda a investimentos e terán a posibilidade de destinar o outro 50% para o mantemento dos servizos muncipais e para sufragar o gasto corrente dos mesmos. Ademáis, Fernández Moreda anunciou que no vindeiro mes de outubro a institución que preside aprobará investimentos para optimizar o consumo enerxético dos concellos da provincia.
miércoles, 16 de septiembre de 2009
Últimas prazas para convertirte nun Jimi Hendrix

Para anotarse, será preciso cumprimentar unha solicitude de ingreso no Departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade e presentar dúas fotos tamaño carné, fotocopias do DNI e Libro de Familia, e un certificado de empadroamento, así como documentación adicional no caso de minusvalías ou enfermidades. Unha documentación que deberá presentarse no Departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade, ubicado na planta baixa da casa consistorial ordense, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
martes, 15 de septiembre de 2009
domingo, 13 de septiembre de 2009
Felicitaciones de la USC y la Consellería de Medio Ambiente al Concello de Ordes por la brillante semana universitaria

Era la primera vez en la historia que nuestra villa de Ordes se convertía en sede de los cursos de verano de la Universidad de Santiago de Compostela (USC) y la expectación por conocer, no sólo el programa sino también los ponentes del curso fue en aumento conforme se acercaba la histórica fecha del lunes 7 de septiembre de 2009. Se lo hemos contado a lo largo de esta semana y así fue el programa completo:
LA GESTIÓN AMBIENTAL EN LOS CONCELLOS GALLEGOS
Fechas: de 7 a 11 de septiembre de 2009
Lugar: Auditorio Casa de la Cultura de Ordes
Nº de horas lectivas: 30
Director: Francisco José Peña Castiñeira
Secretaria: María Julia Melgar Riol
Límite de alumnos: 50
Cofinanciado por Concello de Ordes, Sogama, Unión FENOSA, S.A.; Espina & Delfín, S.L., CRC Obras y Servicios, SOL-Servicios, Obras y Limpiezas, S.L.; Internaco, S.A.

7 de septiembre
16:30. Acreditación y entrega de documentación
16:45. Inauguración del curso
17:00. Conferencia inaugural: Evaluación ambiental estratégica: un instrumento para el desarrollo sostenible, por Domingo Gómez Orea, catedrático de Medio Ambiente, Ordenación Territorial y Planificación del Desarrollo Sostenible. Universidad Politécnica de Madrid
PARTE I: INTRODUCCIÓN GENERAL
18:30. Tema 1: El medio natural gallego, por io P. Moreira, profesor de Edafología e Geología. Universidade de Santiago de Compostela
19:30. Tema 2: Diagnóstico de la salud ambiental de los concellos galegos: propuestas de mejora
Francisco José Peña Castiñeira, profesor de Medio Ambiente y Salud. CEPADE-Universidad Politécnica de Madrid
10:00. Tema 3: La gestión integrada de la costa y la protección del litoral gallego hacia un urbanismo sostenible, por Francisco Javier Sanz Larruga, profesor titular de Derecho Administrativo. Universidade da Coruña
PARTE II: HERRAMIENTAS DE GESTIÓN AMBIENTAL
11:00. Tema 4: Los sistemas de gestión ambiental y las auditorías ambientales aplicables a la Administración Local, por María Victoria Escuredo Merino, jefa del Departamento de Consultoría de Novotec Consultores, S.A.
12:00. Tema 5: Certificaciones ambientales: situación actual en los concellos de Galicia, por Martín Pita López, director de AENOR en Galicia
13:00. Tema 6: Implantación de la ecología industrial en los parques empresariales de los concellos gallegos, por Gumersindo Feijoo Costa, catedrático de Ingeniería Química. Universidade de Santiago de Compostela
16:30. Tema 7: Red gallega de ayuntamientos por la sostenibilidad. FEGAMP
18:30. Tema 8: Instrumentos financieros para la protección ambiental
Juan José Lirón Lago, asesor técnico de la Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro. Consellería de Economía e Facenda de la Xunta de Galicia
PARTE III: CALIDAD DEL AIRE, MODELO ENERGÉTICO SOSTENIBLE Y LUCHA CONTRA EL CAMBIO CLIMÁTICO
19:30. Tema 9: Prevención y lucha contra la contaminación acústica, por Francisco José Peña Castiñeira, Profesor de Medio Ambiente e Saúde. CEPADE-Universidad Politécnica de Madrid
10:00. Visitas prácticas: Embalse de Vilagudín (Ordes), ETAP e EDAR municipales de Ordes, guiadas por técnicos de Espina & Delfín, S.L.; punto limpio municipal de Ordes, guiada por Montserrat Rivas Fuentes, responsable de Calidad y Medio Ambiente de SOL-Servicios, Obras y Limpiezas, S.A.
16:30. Tema 10: La calidade del aire en la Administración Local, por Rosalía Fernández Patier, jefa del Área de Contaminación Atmosférica del Centro Nacional de Sanidad Ambiental del Instituto de Salud Carlos III. Ministerio de Ciencia e Innovación
18:30. Tema 11: El cambio climático y los derechos de emisión de gases de efecto invernadero
José Luis Fernandez de Landa Fernández, responsable de Química y Medio Ambiente de la Central Térmica de Meirama-Unión Fenosa Generación
19:30. Tema 12: La calidad del aire en Galicia, por José Gil de Bernabé Sánchez. Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia
10 de septiembre
10:00. Visitas prácticas: Complejo Medioambiental de Sogama (Cerceda-A Coruña), guiada por técnicos de Sogama, S.A.; Central Térmica de Meirama (Cerceda-A Coruña), guiada por técnicos de Unión Fenosa Generación
16:30. Tema 13: Nuevas estrategias hacia la sostenibilidad del ciclo urbano del agua, por
Joaquín Suárez López, profesor titular de Ingeniería Sanitaria y Ambiental. Universidade da Coruña
18:00. Tema 14: Planificación hidrológica: gestión del Dominio Público Hidráulico y Plan de Saneamiento de Galicia 2000-2015, por Francisco Alonso Fernández, subdirector general de Programación y Proyectos de Aguas de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de la Xunta de Galicia
19:30. Tema 15: La gestión de los servicios de abastecemiento y saneamiento de aguas en algunos concellos gallegos, por Carlos Aymerich Rico, jefe de Explotaciones, Instalaciones y Laboratorio. Espina & Delfín, S.L.

10:00. Tema 16: Una política integral de residuos para Galicia, por María José Echevarría Moreno, Secretaría General de Calidad y Evaluación Ambiental. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de la Xunta de Galicia
11:00. Tema 17: Nuevos retos de Sogama en la gestión integral de residuos hacia la sostenibilidad de los concellos gallegos, por María Esther Campos Mosquera, responsable de Comunicación y Prensa. Sogama
12:30. Conferencia de clausura: El cambio climático en Galicia: su repercusión sobre los diferentes sectores ambientales, por Francisco Díaz-Fierros Viqueira, catedrático de Edafología y Química Agrícola. Universidade de Santiago de Compostela
13:30. Clausura del curso
Castro esixe a reanudación das obras do paseo fluvial
Insta ao equipo de Regos e á Xunta a que "aparquen as súas diferencias" e "desbloqueen" o traballo
O concelleiro do BNG, Gonzalo Castro, anunciou esta mañá que o seu grupo presentará unha moción para o seu debate polo Pleno na que defenderán a reanudación e finalización das obras do paseo fluvial do río Mercurín. Segundo informa o nacionalista, estas obras na actualidade se encontran paralizadas despois da solicitude dunha documentación complementaria ao Concello de Ordes por parte da Consellería de Medio Ambiente. "A construcción do paseo fluvial do Mercurín", di Castro, "é unha obra moi necesaria para a creación dun espazo de lecer para os nosos veciños, así como para a recuperación dun entorno que se atopaba en estado de abandono”.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“O paseo fluvial na zona do río Mercurín constitue unha reivindicación histórica dos veciños de Ordes que o BNG sempre defendeu como unha actuación prioritaria”
“Non existen motivos que xustifiquen a paralización indefinida das obras e que impidan a súa continuación e finalización na maior brevidade posíbel”
"O BNG instará ao Goberno Municipal e á Xunta de Galicia a que aparquen as súas diferencias e a que actuen coordenadamente para desbloquear a execución desta necesaria obra”
*
viernes, 11 de septiembre de 2009
Memorable semana universitaria no 'campus' de Ordes


O acto rematou coa entrega de agasallos por parte do Concello aos organizadores do curso e por parte da USC ao propio director, Francisco Peña, da Universidade Politécnica de Madrid. Os alumnos, pola súa banda, recibiron os correspondentes diplomas acreditativos de ter participado con interese e intensidade tanto nas formación teórica como práctica do curso.

jueves, 10 de septiembre de 2009
O Obradoiro de Emprego, "ofendido e indignado" con Teodosio Martino
O BNG esixe que Xunta e Concello arranxen "de inmediato" os desperfectos do CEIP Castelao

Ana Pontón asegura que, segundo as informacións feitas públicas pola ANPA deste centro, as deficiencias que precisan dunha actuación urxente por parte da Xunta son o patio onde xogan nenos e nenas, que ten soterrado un depósito de gasoil; a instalación eléctrica, que presenta problemas de seguranza; solucionar os problemas de humidade e buratos nas paredes do xinmasio ou o problema do comedor, que quedou pequeno para atender a demanda actual .
Regos e Freijido inauguran a rehabilitación da estación de tren de Parada

Foron 44 alumnos/traballadores os que melloraron a súa formación e ampliaron as súas posibilidades de inserción no mundo laboral
Un total de 44 alumnos, divididos en catro especialidades: albanelería, electricidade, xardinería e carpintería, tomaron parte neste primer obradoiro que dera comezo o pasado mes de setembro cun orzamento de máis de 900.000 euros, conseguidos a través dunha achega da Consellería de Traballo e Benestar.
Durante o acto, no que lles fixo entrega dos diplomas acreditativos e se proxectou un video con imaxes nas que se puido apreciar a evolución da rehabilitación ao longo destes 12 meses, Manuel Regos destacou o importante traballo levado adiante por estes 44 veciños e veciñas desempregados de Ordes, “que fixo posible rehabilitar unha das estacións de tren máis singulares de Galicia recuperando un patrimonio para uso do Concello”.
Balance positivo
Tanto o director do Obradoiro de Emprego, José Antonio Fra, como os alumnos/traballadores e o profesorado, composto por dez docentes, estiveron presentes no acto. Fra destacou que, grazas a este obradoiro, “houbo xente que sacou o graduado de ESO e moitos recibiron formación para promover o autoemprego”, polo que se amosou moi satisfeito do balance do primeiro obradoiro que se celebra en Ordes.
A antiga estación de tren de Parada, composta por un conxunto dun edificio principal e dous anexos, é un punto de indubidable valor arquitectónico e histórico que agora o Concello recupera para o seu emprego como centro cultural, deportivo e de lecer.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Esta iniciativa do Concello, ademais de promover a formación e a inserción dos desempregados, permítelles a estas persoas mellorar a súa formación e incrementar deste xeito a súas posibilidades de integración no mundo laboral”
miércoles, 9 de septiembre de 2009
Curso de Verán (III): Os participantes coñecen xa a xestión ambiental ordense
Durante a xornada da tarde de onte, Regina Polín representante da FEGAMP abordou a Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade mentres que Juan José Lirón Lago, Asesor Técnico da Dirección Xeral de Política Financiera e Tesouro da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, expuxo cales son os instrumentos financeiros para a protección ambiental.
E xa por último, Francisco Peña, Profesor de Medio Ambiente e Saúde da CEPADE-Universidade Politécnica de Madrid e Director do curso, dounos as claves necesarias para previr e loitar contara a contaminación acústica.
A xornada continuará mañá cunha visita práctica ao Complexo Medioambiental de SOGAMA, en Cerceda e á Central Térmica de Meirama, guiada por técnicos de Sogama e da Unión Fenosa Generación, respectivamente.
O Curso de Verán centra a súa segunda xornada nas auditorías e certificacións ambientais

O alumnado, procedente das catro provincias galegas e con especial incidencia na provincia da Coruña, ten un perfil claramante técnico no que se contan desde titulados e estudiantes universitarios nos últimos cursos ata persoal e representantes de varios concellos que queren coñecer de primeira man a situación actual e o camiño a seguir a prol da sostenibilidade.
Nesta segunda xornada os participantes puideron coñecer de primeira man as certificacións verdes existentes da man do director de AENOR en Galicia, Martín Pita. A Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) é a entidade certificadora máis importante autorizada para xestionar auditorías da norma ISO, EMAS e o etiquetado europeo.
A alcaldesa de Guitiriz e presidenta da Rede Galega de Concellos pola Sostenibilidade, Regina Polín, e o asesor técnico da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, Juan José Lirón completaron a parte dedicada á xestión ambiental mentres que o director do curso, Francisco Peña, foi o encargado de abrir, xa pola tarde, un terceiro bloque dedicado á análise da calidade do aire, o modelo enerxético sostible e loita contra o cambio climático, que centrará a xornada de mañá.
Radio Ordes estrea o seu programa cultural
Neste primeiro programa ofrecerase unha entrevista co actor galego máis internacional, Luís Tosar. Entre outras cousas Tosar falará de Celda 211 a súa última película, estreada e obacionada no último festival de Venecia e que, según moitos, lle suporá o primeiro Goya no seu palmarés. A cinta chegará ás pantallas españolas o vindeiro 13 de novembro. Os exames de setembro e de cómo os estudantes de Ordes levan preparado esta cita académica, a gheada na comarca ou o certame fotográfico Galiza en Foco, cunha entrevista do gañador desta última edición, Xosé Luis Ouviña, son algúns dos temas que se abordarán. A axenda cultural máis completa e variada pechará esta terceira entrega de Son do Chafarís.
A opinión dos oíntes tamén ten unha importancia relevante para os conductores do espazo. Ofréceselles a todos a posibilidade de dar o seu punto de vista, suxestións ou participar en concursos a través de internet. “Agora mesmo temos un concurso de rimas no que poden participar tódolos que queiran. O obxetivo é conseguir a mellor rima co título do programa”, explica David Fernández. Para enviar os versos ou escoita-lo programa pódese acceder a través de Facebook ou Tuenti. “Agora non se pode entender a radio se non é a través de internet. Precisamente é aí onde o noso target mellor se move”, indican Raquel e David.
Con este novo programa Radio Ordes ve cumpridos dous dos seus obxectivos de cara á nova programación de outono inverno. Por unha banda ter un espazo cultural dentro da súa grella e, por outra, brindarlle a oportunidade ós estudantes de xornalismo e comunicación audiovisual da comarca de complementar a súa formación.