miércoles, 15 de diciembre de 2010

Unha sesión de contos de Nadal chega á biblioteca

Será este venres a partires das 19:00 horas na nova biblioteca dos baixos da Alameda

O Concello de Ordes organiza o próximo venres 17 de decembro, na Biblioteca Municipal situada nos baixos da Alameda, unha nova sesión das Tardes de Contos e Lendas, dando así o pistoletazo de saída á programación cultural de Nadal.


Nesta ocasión os pequenos e pequenas ordenses poderán disfrutar dunha sesión dun divertido contacontos, na que o Paxe de Nadal Margarito contará dúas historias moi interesantes e divertidas. A actividade dará comenzo a partir das 19:00 horas e está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos. A primeira das historias que contará este contacontos tan especial será a titulada A flor do Alilá, e a segunda historia tratará sobre As vacacións de Papá Noel.

*