Manuel Regos: "Contribuirán, ademais, a un aforro enerxético de todos os veciños"
O Concello de Ordes levou a cabo un importante proxecto de mellora no alumeado público do municipio. Concretamente trátase do alumeado público na N-550 ao seu paso pola parroquia ordense de Leira, unha actuación coa que se pretende adecuar e mellorar a eficiencia enerxética do alumeado público urbano e que se inaugura hoxe.
Esta actuación súmase a outras dúas de similares características que se levaron tamén a cabo en diferentes zonas do núcleo urbano do municipio, na rúa Canteira, e no segundo tramo da rúa República Arxentina e a rúa Víctor González Faya.
Obras cos fondos do Estado
Os tres proxectos están incluidos dentro do paquete de obras que o goberno local do Concello de Ordes leva a cabo a través do novo fondo do Estado que destinou ao municipio máis de 1,3 millóns de euros. Entre os proxectos incluidos neste fondo encóntranse tamén diferentes obras no saneamento e abastecemento de auga do municipio, como o saneamento en Parada, saneamento e abastecemento na Carballeira en Cabeza de Lobo- Ardemil, en Vilariño na parroquia de Buscás, a construción dun novo depósito de auga en Ordes, o bombeo de fecais no campo de fútbol municipal, así como outras actuacións de mellora de infraestruturas como a construción de tres pistas polideportivas en Montaos, Poulo e Beán, e as fachadas dos baixos da Alameda de Ordes.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Estas obras, moi demandadas polos veciños e que consideramos moi importantes para o noso municipio, permitirán por unha parte, mellorar o alumeado público da zona, e por outra, contribuir ao aforro de enerxía, velando unha vez máis polo benestar dos nosos veciños e veciñas”
*