martes, 21 de diciembre de 2010

Un grupo de escolares ordenses visitaron a ETAP, a EDAR e o punto limpo


Pedreira: "Poñemos a disposición de todos os centros escolares de Ordes estas visitas"

A concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes programou un calendario de visitas á estación de tratamento de auga potable (ETAP), á estación depuradora de auga residual (EDAR) e ó punto limpo do Concello de Ordes para escolares do municipio.

Os primeiros en visitar estas instalacións a semana pasada foron os alumnos do IES Nº 1. Este luns máis de medio cento de alumnos do IES Maruxa Mallo visitaron as mesmas instalacións e deron comenzo a unha serie de visitas que rematarán unha vez que tódolos alumnos do centro comproben in situ o funcionamento das dúas estacións e do punto limpo.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Con esta actividade o que se pretende é poñer a disposición de tódolos centros escolares que estean interesados en visitar as ETAP, EDAR e o Punto Limpo do concello, as súas instalacións"

"Os escolares poderán coñecer de primeira man a xestión da auga e de parte dos residuos na nosa vila, aspecto que nos plantexan un dos maiores retos dentro da política medio ambiental que promovemos dende esta concellería para poder facilitarlle aos nosos veciños un servizo de xestión de auga e residuos de total calidade"

*