miércoles, 1 de diciembre de 2010

Ordes acometerá melloras nos camiños a través do PEIM 2010 da Xunta

Terá un importe aproximado de 54.000 euros e serán investidos en Ardemil

O Concello de Ordes levará a cabo unha serie de obras en infraestruturas viarias do municipio a través do Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM 2010), da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.


Unhas actuacións que asumirá con cargo aos seus orzamentos dito departamento autonómico e que consistirán na mellora do Camiño nas Raposeiras, a pavimentación do camiño de Orellán de Arriba, pavimentación do camiño de Orellán de Abaixo e a pavimentación de Porta do Nó, todos eles na parroquia de Ardemil.

O importe aproximado destas actuacións será de preto de 54.000 euros que achega a Xunta a través do PEIM 2010.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Rural do Concello de Ordes
“Con estas actuacións pretendemos mellorar diferentes infraestruturas viarias, dotando así ao municipio de servizos mellorados e tendo en conta ademais a importancia deste tipo de infraestruturas no medio rural

*