O Concello de Ordes, por petición veciñal, organiza un novo ciclo de xornadas informativas e formativas
Serán o xoves 16 en Vilamaior e Barbeiros e o venres 18 en Leira
A concellería de Medio Ambiente de Ordes organiza, en colaboración coa concellería de Urbanismo, e por petición dos veciños, unha serie de xornadas informativas e formativas para a sustentabilidade vinculadas ó Plan Xeral de Ordenación Municipal. Unhas xornadas que están enmarcadas no programa de educación vinculado ao PXOM que xa se levara a cabo o mes pasado no Concello.
As xornadas están destinadas a promover a participación activa da cidadanía na elaboración de propostas con criterios de sustentabilidade que afectan ao territorio local onde se desenvolve o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Estas xornadas terán lugar durante esta semana, o xoves 16 de decembro ás 10 horas no Local Social de Vilamaior e ás 16 horas no Local Social de Barbeiros; e o 17 de decembro ás 10 horas no Local Social de Leira.
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente
“O programa contempla a posta en marcha de foros de debate para fomentar a participación dos asistentes, animando á poboación a xerar distintas propostas que se terán en conta á hora da revisión do planeamento, beneficiando así tanto ás persoas que os leven a cabo como ao Concello de Ordes"
"As presentes xornadas farán fincapé en determinados puntos como o medio natural, a xestión do territorio, mobilidade sustentable, urbanismo e paisaxe, xestión integral da auga ou actividades que provoquen impacto ambiental no territorio”.
*