jueves, 2 de diciembre de 2010

Remataron os cursos para mulleres inmigrantes

Momento dunha sesión das clases de idioma español para inmigrantes en Ordes. // Concello de Ordes.
Foron dúas sesións didácticas, unha de idioma español e outro de orientación académica e laboral

O Concello de Ordes deu por finalizados esta semana unha serie de cursos dirixidos á poboación inmigrante, uns cursos realizados en colaboración coa ONG Ecos do Sur, e que contaron co financiamento da Secretaría Xeral de Emigración e o Ministerio de Traballo e Inmigración.


Consulta durante unha sesión das clases de orientación laboral a inmigrantes en Ordes. // Concello de Ordes.
Concretamente tratouse de dous cursos, un de español e outro de orientación académica e laboral, nos que participaron un total dunha vintena de mulleres inmigrantes. En canto ao curso de español, de nivel básico, tivo lugar dende o 16 ao 24 de novembro na Casa da Cultura de Ordes en horario de mañá. Por outra banda, o curso de orientación académica e laboral, celebrouse do 19 ao 29 deste mes tamén pola mañá.

*