jueves, 16 de diciembre de 2010

"O que necesitan os veciños e coñecer o contido do PXOM e non o das reunións propagandísticas que son as xornadas formativas"

Martínez Sanjurjo, candidato do PP en Ordes.
Martínez Sanjurjo cuestiona o retraso do Concello na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal

O candidato popular á alcaldía considera "unha burla" as xornadas formativas do PXOM organizadas polo Concello

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, cuestionou hoxe o retraso que acumula o proceso de elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), feito que segundo o PP ordense, lastra o desenvolvemento económico e demográfico do municipio.

Martínez Sanjurjo considera que as denominadas xornadas formativas sobre o PXOM que está a programar o Concello de Ordes nas diferentes parroquias constitúen "unha burla aos veciños".

"O Goberno municipal se nega a facer público o contido do PXOM"
“En lugar de reunións propagandísticas como as que se están a organizar nestes días", afirma o candidato popular, "o que necesitan os veciños e as empresas é coñecer o contido do Plan xeral de Ordenación Municipal que o Goberno de Ordes se nega a facer público, quen sabe se para favorecer intereses escuros”.

A negativa do Concello de Ordes a informar sobre o proceso de elaboración do PXOM é sistemática no que vai de lexislatura, aseguran dende o Partido Popular local. En novembro de 2009, o Goberno local aprazou un punto, previsto na orde do día do Pleno, para informar sobre estes aspectos. Logo a disculpa, sempre segundo os populares, era que había que adaptar o avance a nova lei do solo, sempre poñendo datas de presentación do avance do plan que nunca se cumpren, e a día de hoxe, tal información continúa sen ser facilitada tanto aos grupos que integran a corporación municipal, coma os vecinos e veciñas do noso concello.

A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes
“Non é de recibo que se teña perdido unha lexislatura enteira sen elaborar un PXOM que podería facilitar a instalación de novas empresas, pero tamén facilitar a construcción de novas vivendas en Ordes, especialmente no medio rural, facilitando así que a xente se quede a vivir donde queira e nón onde poida”

*