martes, 28 de diciembre de 2010

Os Viqueiras preparan un especial Noites de Tasca dedicado aos cantos de Reis


Será o venres 7 de xaneiro a partires das 21:30 h. no bar Bemaro de Tordoia

As Noites de Tasca dos Viqueiras de Ordes voltan a aderzarnos as festas de troula e alegría. Comeza o ano 2011 cunha Noite de Tasca especial adicada aos tradicionais Cantos de Reis ca presenza do Grupo de Música Tradicional de Ordes, as pandereteiras das Encrobas de Cerceda, as pandereteiras Xentiña, de Trazo, o grupo Os Reiceiros da Pontecarreira e o coro Arumes da Fraga de Cecebre.

A cita será o venres 7 de xaneiro no Bar Bemaro, xunto á Casa do Concello de Tordoia, a partires das 21:30 h.  As noites de Tasca contan coa colaboración do Concello de Tordoia e da Asociación O Buxo.

O Grupo de Gaitas Os Viqueiras desexan a todos os lectores e lectoras de Ordessiete unhas boas festas e un feliz ano 2011.