viernes, 10 de diciembre de 2010

Recouso alerta da débeda que o Concello mantén coa Banda de Música

Trátase dun impago por valor de 30.000 euros correspondentes ao convenio dos anos 2009 e 2010

Segundo o concelleiro nacionalista, o alcalde deixa "nunha dificil situación" á entidade cultural ordense

O concelleiro do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, responsabilizou hoxe ao alcalde Manuel Regos da débeda que o Concello mantén aberta coa Banda de Música de Ordes. O nacionalista cifrou esa débeda en 30.000 euros baseados no convenio de colaboración entre ambas entidades durante os anos 2009 e 2010.

O concelleiro nacionalista fixo fincapé en que “esta débeda coa banda de música, está colocando nunha difícil situación a esta entidade, que ten problemas para sufragar os gastos derivados das súas actividades”.

Recouso salientou que “ademáis da débeda que mantén coa banda de música, o Concello está a deberlle diñeiro aos profesores da escola municipal de música, e tamén está deixando de sufragar os gastos do mantemento destas instalacións municipais”.

As frases de Ramiro Recouso, concelleiro do BNG de Ordes
lamentable que o alcalde teña abandonado e discriminado deste xeito a unha entidade que está a facer unha gran labor cultural, e que está a levar e prestixiar o nome de Ordes por moitos lugares”

"Que prioridades ten un alcalde que despilfarra máis de cinco millóns de euros na ampliación da Alameda, na construcción dunha nova Casa do Concello, e en adiantarlle a construcción do cuartel ao Goberno central e, sen embargo, deixa nunha difícil situación á Banda de Música de Ordes, por non cumplir co pago de 30.000 euros?”

*