A última actividade da tempada fui o percorrido polo roteiro do río Mercurín
O Concello de Ordes, dende o programa de Voluntariado Verde finalizou a pasada fin de semana a última das camiñatas previstas para este outono polos distintos roteiros da vila, incluídas dentro desta programación. Os veciños que participaron tiveron a aportunidade, nesta ocasión, de percorrer o Roteiro do Río Mercurín. A ruta coa que se iniciara este programa o pasado sábado 6 de novembro transcurriu por outro dos roteiros existentes no municipio ordense, o Roteiro de San Paio e Outeiro. Os encargados de sinalizar e acondicionar o pasado verán as dúas rutas foron os voluntarios.
O bloque de Actividades de Sendeirismo e Roteiros do programa de voluntariado busca por unha parte acadar o obxectivo de que a xente coñeza de forma amena e dinámica as distintas áreas naturais ás que temos acceso e lles son próximas, e por outra introducilos nunhas actividades saudables accesibles para todos.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"O noso Concello conta cun número crecente de roteiros e sendas adaptadas e habilitadas para a práctica de sendeirismo na natureza para tódalas franxas de idade. Contando con estes recursos, resulta de grande interese fomentar uns hábitos de vida máis dinámicos coidando ó mesmo tempo destas rutas por medio do emprego constante".
*