miércoles, 15 de diciembre de 2010
'Reciclaxe divertida': Misión cumplida
Remata o programa Voluntariado Verde 2010
Patrocinado por Caixanova, participaron máis de 400 escolares ordenses
O programa de Voluntariado Verde, promovido pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes e patrocinado por Caixanova, puxo fin á súa programación para o 2010 cos obradoiros sobre reciclaxe que realizou nos diferentes centros educativos da vila e que levaron por título Reciclaxe Divertida. Programa co que se pretendía que os máis xóvenes aprendan a separar os elementos do lixo e coñecer e empregar de forma axeitada os contenedores de reciclaxe dun xeito moi didáctico e divertido.
Os obradoiros tiveron lugar durante os meses de novembro e decembro nas instalacións dos centros de ensino participantes. En total, máis de 400 nenos e nenas das escolas unitarias e dos CEIP Castelao e Mesón do Vento participaron nesta iniciativa coa que o departamento de medio ambiente do concello confía en que os rapaces cheguen a comprender as consecuencias de non separar ou separar incorrectamente e a poder decidir o que se pode reciclar dende os seus fogares.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Con este novo ciclo de actividades que promovemos dentro do programa de Voluntariado Verde pretendemos facer reflexionar sobre o dano que facemos ao noso medio ambiente, especialmente ós nosos sitios naturais, coa incorrecta xestión do lixo"
*
Protagonistas:
Xesús Pedreira