Son quince amantes da cociña quenes participan nun obradoiro para aprender novos pratos
O menú preparado, exquisito: Rolos de pan de miga, sopa de peixe e marisco e propietas de lenguado e langostinos en salsa verde
O Concello de Ordes xa deu o pistoletazo de saída ás actividades enmarcadas dentro da programación cultural navideña. Así na noite do pasado martes daba comenzo unha das actividades dirixidas aos adultos do municipio, o obradoiro de cociña.
Son un total de 15 participantes os que están a asistir a esta actividade, que consta de dúas sesións, unha que se celebrou o martes, e a última mañá de 20 a 22 horas na Casa da Cultura.
Momento da preparación dun excepcional menú de Nadal feito por máns ordenses. |
En canto ás receitas elaboradas o martes, os participantes realizaron rolos de pan de miga, sopa de peixe e marisco e popietas de linguado e langostinos en salsa verde. Para a sesión de mañá está previsto que os alumnos aprendan a elaborar dous aperitivos, cherry chupa chups e bombóns de xamón serrano, lombo de porco á laranxa con puré de mazá e mousse de turrón de xixona.
*