miércoles, 15 de diciembre de 2010

Moito ollo na N-550 á entrada a Sigüeiro


Durante toda esta semana haberá un desvío provisional por obras da construción dunha rotonda á altura do desvío para o polígono empresarial

O tráfico desviarase cara ao arcén dereito e causará retencións nas horas punta

Esta mañá deron comezo os desvíos provisionais polas obras de construción da rotonda na N-550 ao seu paso por Sigüeiro, concretamente no punto quilométrico 48+540 da N-550. Unhas obras que non obrigan a cortar o tráfico en ningún dos dous sentidos de circulación pero si a que os vehículos fagan un pequeno desvío cara o arcén dereito da N-550 (sentido Santiago) e supón unha circulación máis lenta do habitual.


A frase de Manuel Mirás, alcalde de Oroso
“Agardo que esta mesma semana queden rematadas estes traballos, de xeito que en dous ou tres días se acabarán estas pequenas molestias e retencións para condutores

*