lunes, 20 de diciembre de 2010

A Casa da Cultura vibrou co concerto do Nadal


A Banda de Música de Ordes anuncia a edición do seu segundo traballo discográfico

Máis dun cento de persoas acudiron na noite de onte á celebración do tradicional concerto de Nadal na Casa da Cultura de Ordes. Un concerto, no que todos os asistentes puideron disfrutar da música das tres formacións participantes, a Banda de Música de Ordes, a Coral Polifónica Santa Eulalia de Senra e a Asociación Cultural Camiño Real de Poulo.

O concerto estivo organizado pola Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes en colaboración co Concello de Ordes. A Banda de Música de Ordes, pertencente a dita asociación, aproveitou a ocasión para anunciar para dentro duns meses a presentación dun novo disco, grabado o pasado día 11 de decembro. Tratarase do segundo traballo discográfico da historia desta formación ordense que se sumará a outro grabado hai oito anos.

*