viernes, 24 de diciembre de 2010

Non o esquezas, regala árbores con vida


A recomendación é a de marcar árbores de Nadal natural e con raíz

Chama ao 981 680002 despois das festas e recollerán o teu árbore para reprantalo

O Concello de Ordes dende a súa Concellería de Medio Ambiente segue dando consellos aos seus veciños para que poidan disfrutar dun nadal verde. Nesta ocasión a recomendación é, por terceiro ano consecutivo, a de comprar unha árbore de Nadal natural con raíz.A árbore de plástico é unha opción desacertada porque para a fabricación do plástico empréganse hidrocarburos e outros derivados do petróleo e o propio proceso de fabricación é moi contaminante.

A Concellería de Medio Ambiente anímate a comprar árbores de nadal con raíz por tres razóns:

1 - Porque practicas un consumo solidario
2- Porque a túa relación co Planeta baséase nunha actitude ecolóxicamente responsable e,
3- Porque eres consciente de que plantar árbores constitúe un dos pilares básicos para contrarrestalos efectos do quentamento global.

Ó remate das festas, chamando ó número de teléfono 981 680002 recollemos a domicilio estas árbores para a súa replantación. Ademais este ano tamén recollemos a domicilio as árbores sen raíz para xestionalas axeitadamente como residuo.

*